Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Venres, 8 de marzo de 2019 Páx. 13157

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 1 de marzo de 2019 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, pola Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo de 2018, publicada no Diario Oficial de Galicia número 47, do 7 de marzo, modificada pola Orde do 13 de marzo de 2018, publicada no Diario Oficial de Galicia número 59, do 23 de marzo, e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2019

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma
de Galicia, subgrupo A1

• Tribunal titular:

Presidencia: Juan José Nieto Montero, profesor titular da Área de Dereito Financeiro e Tributario na Universidade de Santiago de Compostela.

Secretaría: Eva María Sanín Mariño, persoal funcionario do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vogais:

– José Manuel Romero García, persoal funcionario do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Beatriz Moar Ulloa, arquitecta municipal do Concello da Coruña.

– María Teresa Moya Fernández, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

• Tribunal suplente:

Presidencia: Guillermo Folgueral Madrigal, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de letrados/as.

Secretaría: Vanesa Gómez Pacheco, persoal funcionario da escala de Administración xeral, subescala técnica, clase superior.

Vogais:

– Ana Belén Picos García, persoal funcionario do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de arquitectos/as.

– María Baleato González, persoal funcionario do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Beatriz Almudena García de Francisco, persoal funcionario do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.