Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Venres, 8 de marzo de 2019 Páx. 13159

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 1 de marzo de 2019 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, pola Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo de 2018, publicada no Diario Oficial de Galicia número 48, do 8 de marzo, modificada pola Orde do 13 de marzo de 2018, publicada no Diario Oficial de Galicia número 59, do 23 de marzo, e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería.

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2019

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma
de Galicia, subgrupo A1 (promoción interna)

• Tribunal titular:

Presidencia: Alfonso García Magariños, persoal funcionario do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de letrados.

Secretaría: Elena Barba Pan, persoal funcionario do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vogais:

– Patricia Villajos Grande, persoal funcionario do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Begoña García Maneiro, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

– María Rosario Ureña Lara, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

• Tribunal suplente:

Presidencia: Luis Miguel Vázquez Carreira, persoal funcionario do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Secretaría: Pablo Leis Mol, persoal funcionario do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de finanzas.

Vogais:

– María Flor Álvarez Taboada, profesora titular da Área de Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría na Universidade de León.

– José María Domínguez Blanco, persoal funcionario do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

– María Yolanda Ferreiro Domínguez, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.