Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Venres, 8 de marzo de 2019 Páx. 13163

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 1 de marzo de 2019 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, pola Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo de 2018, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 48, do 8 de marzo, modificada pola Orde do 13 de marzo de 2018, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 59, do 23 de marzo, e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2019

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2 (promoción interna)

• Tribunal titular:

Presidencia: Teresa Carrera Babarro, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Secretaría: José Carlos Fagín Taboada, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vogais:

– María Soledad Fariñas Vila, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Paula Oliete Trillo, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Pablo Díaz Vázquez, persoal funcionario do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de subinspección urbanística.

• Tribunal suplente:

Presidencia: Francisco Tomás Couso González, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Secretaría: Patricia García Antelo, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vogais:

– Fernando González Abeijón, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Xosé Inacio Palomanes Rodríguez, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

– María Jesús Gutiérrez Tosar, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.