Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Venres, 8 de marzo de 2019 Páx. 13165

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 1 de marzo de 2019 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, pola Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo de 2018, publicada no Diario Oficial de Galicia número 48, do 8 de marzo, modificada pola Orde do 13 de marzo de 2018, publicada no Diario Oficial de Galicia número 59, do 23 de marzo, e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2019

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma
de Galicia, subgrupo C1 (promoción interna)

• Tribunal titular:

Presidencia: María Araceli Romero Míguez, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Secretaría: José Álvarez Vázquez, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vogais:

– Mónica Fernández Santas, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Marcos Vázquez Fernández, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

– María de la Luz González Varela, arquitecta técnica municipal do Concello da Coruña.

• Tribunal suplente:

Presidencia: María Dolores Veiga Gondelle, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Secretaría: Rubén Plaza Martínez, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vogais:

– Lara Riveira Fernández, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

– María del Pilar López Varela, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

– María Jesús Rivera Rodríguez, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.