Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Venres, 8 de marzo de 2019 Páx. 13167

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 1 de marzo de 2019 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, pola Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo de 2018, publicada no Diario Oficial de Galicia número 47, do 7 de marzo, modificada pola Orde do 13 de marzo de 2018, publicada no Diario Oficial de Galicia número 59, do 23 de marzo, e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2019

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2

• Tribunal titular:

Presidencia: Sonia Rial Barreiro, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Secretaría: José Arturo Romero Agrelo, persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vogais:

– Víctor Manuel Martínez Lago, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de finanzas.

– Eduardo Suárez Campo, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Laura Elvira Blanco Suárez, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica auxiliar de informática.

• Tribunal suplente:

Presidencia: Ricardo Antonio Reboredo Vázquez, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica auxiliar de informática.

Secretaría: María Pérez Martínez, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vogais:

– María Cristina Sanmartín Vázquez, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Enriqueta Vía Leira, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Pedro María Méndez Gil, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.