Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Venres, 8 de marzo de 2019 Páx. 13169

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 1 de marzo de 2019 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, pola Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo de 2018, publicada no Diario Oficial de Galicia número 48, do 8 de marzo, modificada pola Orde do 13 de marzo de 2018, publicada no Diario Oficial de Galicia número 59, do 23 de marzo, e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2019

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma
de Galicia, subgrupo C2 (promoción interna)

• Tribunal titular:

Presidencia:

Dámaso Pérez Vale, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Secretaría:

María Pérez Martínez, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vogais:

– María Luisa García Lorenzo, persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Santiago Campos López, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica auxiliar de informática.

– Ana Isabel Vidal Santiago, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

• Tribunal suplente:

Presidencia:

Alejandro Crespi Rodríguez, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Secretaría:

María Yolanda Blanco Varela, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vogais:

– Álvaro López Berdullas, persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

– José Andrés Freire Dapena, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

– María Ángeles Iglesias Abelleira, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.