A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña acordou a incoación do expediente sancionador XC-02166-O-2018 e tres máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.
Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.
Son informadas de que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.
Outorgáselles un prazo de quince (15) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.
No suposto de que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.
A Coruña, 13 de febreiro de 2019
César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña
ANEXO
Expediente Matrícula |
DNI/CIF Denunciado |
Infracción denunciada Data; hora; estrada; p.q. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción proposta |
XC-02166-O-2018 6052-DSH |
49676128S |
A realización de transportes de produtos alimenticios ou mercadorías perecedoiras utilizando un vehículo que careza do certificado de conformidade para o transporte de mercadorías perecedoiras ou telo caducado ou falseado. 3.7.2018; 11.20.00; AC-12; 2,0 |
Artigo 141.21 da LOTT |
Artigo 143.1.d) da LOTT |
401 euros |
XC-02198-O-2018 5258-DMY |
X4866002F |
Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo. 14.7.2018; 8.22.00; AC-550; 74,8 |
Artigo 142.8 da LOTT |
Artigo 143.1.b) da LOTT |
201 euros |
XC-02199-O-2018 5258-DMY |
X4866002F |
Carecer dos extintores que resulten obrigatorios en función do vehículo ou a carga transportada, ou dispoñer duns cuxa correcta utilización non estea garantida. 14.7.2018; 8.21.00; AC-550; 74,8 |
Artigo 141.5.3 da LOTT |
Artigo 143.1.f) da LOTT |
801 euros |
XC-02200-O-2018 5258-DMY |
X4866002F |
Transporte de mercadorías perigosas sen a carta de porte preceptiva para as mercadorías perigosas transportadas. 14.7.2018; 8.20.00; AC-550; 74,8 |
Artigo 140.15.8 da LOTT en relación co artigo 141.25 da LOTT |
Artigo 143.1.i) da LOTT |
801 euros |