Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Mércores, 13 de marzo de 2019 Páx. 13847

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 12 de marzo de 2019 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Unha vez presentada a renuncia dunha vogal titular do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo), e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por Paula Oliete Trillo como vogal titular do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Segundo. Nomear no seu lugar como vogal titular do dito tribunal a Sonia Rial Barreiro, funcionaria do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2019

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda