Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Xoves, 14 de marzo de 2019 Páx. 14000

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (537/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 537/2018, seguido por instancia de Ramón Zúñiga López contra Grupo Castro Soluciones Integrales, S.L., Valdonaire Asistencia Técnica y de Apoyo, S.L., e Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza núm. 83/2019, do 13 de febreiro, estimando parcialmente a demanda presentada por Ramón Zúñiga López, condenando a empresa Valdonaire Asistencia Técnica y de Apoyo, S.L., e absolvendo a Grupo Castro Soluciones Integrales, S.L., de todas as pretensións deducidas na súa contra, e contra a que cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á publicación deste edicto. O texto íntegro da resolución está á disposición das interesadas no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Grupo Castro Soluciones Integrales, S.L., e Valdonaire Asistencia Técnica y de Apoyo, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle as destinatarias que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza