Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Xoves, 14 de marzo de 2019 Páx. 13992

III. Outras disposicións

Instituto de Estudos do Territorio

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 14 de xaneiro de 2019 pola que se dá publicidade aos convenios subscritos por este organismo autónomo no terceiro cuadrimestre do ano 2018.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

A Resolución do 14 de xaneiro de 2019 pola que se dá publicidade aos convenios subscritos por este organismo autónomo no terceiro cuadrimestre do ano 2018, foi publicada no Diario Oficial de Galicia número 19, do 28 de xaneiro de 2019.

Advertido erro na dita resolución, cómpre facer a seguinte rectificación:

Na páxina 5340, incluír o convenio indicado a continuación, que se engade aos xa publicados:

Convenio

Obxecto do convenio

Achega
económica do IET

Data de sinatura

Acordo de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e o Instituto de Estudos do Territorio para o pagamento das gratificacións do persoal especialmente implicado no desenvolvemento da fase B-Solucións da civil UAVS Initiative

Gratificar aos empregados públicos do Instituto de Estudos do Territorio que estean a participar activamente no proceso de elaboración de pregos e na xestión dos expedientes de licitación desenvolvemento da fase B-Solucións da civil UAVS Initiative cofinanciadas a través do citado convenio co Ministerio de Economía e Competitividade (agora Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades)

Sen achega económica

20.11.2018