Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Xoves, 14 de marzo de 2019 Páx. 13985

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 12 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas a entidades xuvenís de ámbito provincial, en virtude da Orde do 30 de abril de 2018 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa xove e se procede á súa convocatoria.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 41, do mércores 27 de febreiro de 2019, cómpre realizar a oportuna rectificación:

Na primeira liña do anexo da páxina 11355, entidade beneficiaria, relativa ao expediente 2018/002-3, onde di: «Asociación Cultural Os Tres Reinos», debe dicir: «Centro de Desenvolvemento Rural O Viso».