Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2019 Páx. 14074

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 24/2019, do 6 de marzo, polo que se dispón o cesamento de membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 9.1, inciso segundo, e 10.f) da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia (DOG número 133, do 12 de xullo), e no artigo 9.e) do Regulamento de réxime interno deste (DOG número 114, do 11 de xuño de 1996), e de acordo coas propostas efectuadas polas entidades correspondentes,

DISPOÑO:

Artigo 1

Que cese como membro titular do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia, José Carlos González Fernández.

Artigo 2

Que cesen como membros suplentes do Consello Económico e Social de Galicia, en representación de Unión General de Trabajadores de Galicia, UGT, Rosa Arcos Caamaño e José Manuel Rodríguez Portela.

Santiago de Compostela, seis de marzo de dous mil dezanove

Alberto Núñez Feijóo
Presidente