Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2019 Páx. 14075

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 25/2019, do 6 de marzo, polo que se nomean membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1 da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e nos artigos 8 e 10 do Regulamento de réxime interno deste, e de acordo coas propostas efectuadas polas entidades correspondentes,

DISPOÑO:

Artigo 1

Nomear membro titular do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia, a José Ignacio López-Bachiller Fernández.

Artigo 2

Nomear membros suplentes do Consello Económico e Social de Galicia, en representación de Unión General de Trabajadores de Galicia, UGT, a Raquel Seijas Lamelas e José Luis Fernández Celis.

Santiago de Compostela, seis de marzo de dous mil dezanove

Alberto Núñez Feijóo
Presidente