Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2019 Páx. 14221

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 14 de marzo de 2019 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

Unha vez presentada a renuncia dunha vogal titular do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo), e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por Mercedes Patricia Toubes Navarro como vogal titular do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

Segundo. Nomear no seu lugar como vogal titular a María Lorena Antelo Romero, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2019

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda