Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2019 Páx. 14220

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 5 de marzo de 2019 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertido erro na orde antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 49, do 11 de marzo de 2019, é necesario facer a seguinte corrección:

Na base II.2.1.1.a), onde di: «Servizos prestados como persoal funcionario de carreira...», debe dicir: «Servizos prestados como persoal funcionario interino...».