Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2019 Páx. 14219

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 5 de marzo de 2019 pola que se convoca proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 003 do grupo V (ordenanza e outras) de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Advertidos erros na orde antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 49, do 11 de marzo de 2019, é necesario facer as seguintes correccións:

1. Substituír a base II.1.2.1 polo seguinte texto: «A orde de actuación das persoas aspirantes iniciarase alfabeticamente pola primeira da letra «K», de conformidade co establecido na Resolución da Consellería de Facenda do 20 de xaneiro de 2017 (DOG núm. 20, do 30 de xaneiro), pola que se publica o resultado do sorteo realizado segundo o disposto na Resolución da mesma consellería do 3 de xaneiro de 2017 (DOG núm. 9, do 13 de xaneiro)».

2. Na base II.2.1.1.a), onde di: «Servizos prestados como persoal funcionario de carreira ...», debe dicir: «Servizos prestados como persoal funcionario interino ...».

3. Na base II.2.1.2, onde di: «Por cada cinco anos de prestación de servizos continuados e ininterrompidos na categoria 003 do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia 1 punto», debe dicir: «Por cada cinco anos de prestación de servizos continuados e ininterrompidos na categoría 003 do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia 1 punto».