Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2019 Páx. 14183

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Servizos Sociais

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2019 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia para o curso 2019/20.

A Comunidade Autónoma de Galicia ten competencia exclusiva en materia de asistencia social, segundo o disposto no artigo 27.23 do seu Estatuto de autonomía.

A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, establece no seu artigo 3 os obxectivos do sistema galego de servizos sociais, incluíndo entre estes, o de proporcionar oportunidades e recursos que garantan a igualdade entre mulleres e homes e posibiliten a conciliación entre a vida persoal, familiar e laboral, así como o de garantir o apoio ás familias como marco de referencia en que se desenvolven as persoas.

Así mesmo, a Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, recoñece no seu artigo 6 como un dos principios de responsabilidade pública o de atender, apoiar e protexer ás familias como núcleo fundamental da sociedade no cumprimento das súas funcións.

O Decreto 40/2014, do 20 de marzo, polo que se crea a Axencia Galega de Servizos Sociais e se aproban os seus estatutos, establece na súa disposición adicional primeira que esta asumirá desde a súa posta en funcionamento as competencias atribuídas en materia de xestión de escolas infantís á Dirección Xeral de Familia e Inclusión. A nova entidade subrogarase en todas as relacións xurídicas, bens, dereitos e obrigas derivados do exercicio das súas competencias.

Na súa disposición transitoria primeira o dito decreto establece, non obstante, que a persoa titular da Dirección Xeral de Familia e Inclusión desenvolverá, transitoriamente e pola súa propia condición, as funcións que corresponden ao/á director/a da Axencia Galega de Servizos Sociais ata o nomeamento deste/a a través do procedemento recollido nestes estatutos.

Así mesmo, na mesma disposición establécese que a través das xefaturas territoriais poderán seguirse realizando os labores de apoio para a xestión dos centros da Axencia Galega de Servizos Sociais no seu ámbito territorial, ata que esta dispoña de servizos propios para alcanzar a súa autonomía.

Por último, o Decreto 176/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social, atribúe á Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica o exercicio das políticas públicas de apoio á familia e á infancia, así como a promoción e adopción das medidas de conciliación que garanten un ambiente favorable para o libre desenvolvemento das familias.

En consecuencia, de conformidade co Decreto 40/2014, do 20 de marzo,

RESOLVO:

Artigo 1. Obxecto

Esta resolución ten por obxecto convocar o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais (AGSS) para o curso 2019/20 (código BS402A solicitudes de novo ingreso e código BS402F solicitudes de renovación).

Artigo 2. Requisitos para ser adxudicatario/a

Serán requisitos imprescindibles para ser adxudicatario/a de praza nas escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais:

a) Que o neno ou a nena xa nacese no momento de presentación da solicitude e teña a súa residencia en Galicia.

b) Que teña unha idade mínima de tres meses na data de ingreso na escola infantil en que obteña praza e non teña cumpridos os 3 anos de idade o 31 de decembro de 2019. Non obstante o anterior, poderanse eximir do límite de idade dos 3 anos os nenos e as nenas con necesidades específicas de apoio educativo, de acordo coa normativa vixente.

c) Respecto daquelas familias que xa escolarizaran un fillo ou filla no mesmo centro ou en calquera outro centro da Rede Galiña Azul, estar ao corrente no pagamento das cotas polos servizos recibidos na data de presentación da solicitude, tanto nos supostos de renovación de praza como de novo ingreso.

Artigo 3. Orde de adxudicación das prazas

1. Procedemento ordinario.

As prazas adxudicaranse pola seguinte orde:

a) Renovación de praza.

As nenas e os nenos escolarizados durante o curso 2018/19 en calquera das escolas infantís obxecto desta resolución terán dereito á renovación automática da súa praza na quenda en que estivesen escolarizadas/os sempre que reúnan os requisitos establecidos no artigo 2.

Naqueles centros nos cales por carecer de demanda suficiente se reduzan os horarios, o alumnado con dereito á renovación de praza en xornada de tarde poderá renovala para o mesmo centro en xornada de mañá.

b) Traslado de centro.

As familias cun neno/a escolarizado/a nunha escola infantil da Rede Galiña Azul no curso 2018/19 que xustifiquen un cambio de domicilio e/ou de lugar de traballo terán dereito preferente a unha praza no centro que soliciten sempre que, unha vez rematado o proceso de renovación de praza do alumnado da propia escola, existan prazas suficientes.

c) Novo ingreso.

As solicitudes de novo ingreso seguirán a seguinte orde de adxudicación:

1º. As dos fillos e as fillas do persoal que preste servizo nas escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais, cando soliciten a praza para o centro onde presta servizo a nai/pai, a persoa acolledora ou o titor/a legal.

2º. As de nenas/os con irmán ou irmá con praza no centro para o que solicitan a praza, renovada ou de novo ingreso.

3º. As de menores con medidas administrativas de tutela ou garda en situación de acollemento familiar.

4º. As prazas que queden vacantes adxudicaranse segundo a puntuación obtida pola aplicación do baremo que figura no anexo V.

2. Procedemento extraordinario.

a) Solicitudes de ingreso urxente.

Reservarase un 5 % das prazas de cada centro para os seguintes ingresos, que se consideran urxentes:

1º. Os de menores tutelados/as ou en situación de garda pola Consellería de Política Social.

2º. Os de fillos/as das mulleres que se atopen nunha casa de acollida e/ou sexan vítimas de violencia de xénero.

3º. Aqueloutros en que concorran circunstancias socioeconómicas e familiares que requiran unha intervención inmediata.

b) Solicitudes presentadas fóra de prazo.

Admitiranse, con carácter excepcional, as solicitudes presentadas fóra do prazo establecido no punto 2 do artigo 10 que se atopen nos seguintes casos:

1º. Nacemento, acollemento ou adopción do neno ou da nena con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes.

2º. Cambio de concello de residencia ou de traballo da unidade familiar.

3º. Cambio de domicilio ou lugar de traballo da unidade familiar dentro do mesmo concello.

4º. Retorno a Galicia durante o ano 2019 das galegas e galegos que residiran fóra de España, sempre que o dito retorno se producise con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes.

5º. Outras circunstancias que motivadamente aprecien as xefaturas territoriais da Consellería de Política Social.

Estas solicitudes deberán ir acompañadas da documentación acreditativa da circunstancia que motiva a súa presentación fóra de prazo.

Nestes supostos a adxudicación estará condicionada á existencia de prazas dispoñibles para o grupo de idade do neno ou da nena no centro para o que se solicita.

As solicitudes relativas aos supostos recollidos no punto 2º e 3º con praza adxudicada nunha escola infantil da Rede Galiña Azul, de non existir prazas vacantes, terán preferencia sobre o resto que estea en lista de espera despois de adxudicar praza ás que se atopen nos supostos recollidos nos números 1º, 2º e 3º do número 1.c) do artigo 3 desta resolución, referido ás solicitudes de novo ingreso. De haber máis dunha solicitude nestas circunstancias, a adxudicación realizarase segundo a data de presentación en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 4. Calendario e horario de apertura das escolas

1. Nas escolas infantís 0-3 ás que se refire esta resolución o curso escolar dará comezo o día 4 de setembro de 2019.

Os centros permanecerán abertos de luns a venres, excluídos os días considerados festivos no calendario laboral.

Durante o mes de agosto, así como no período comprendido entre o 23 e o 27 de decembro de 2019 e os días 6, 7 e 8 de abril de 2020 con carácter xeral abrirá un só centro por localidade. A apertura durante o mes de agosto efectuarase sempre que exista unha demanda igual ou superior aos 15 alumnos/as. Nestes casos, o seu peche diario efectuarase ás 17.00 horas.

Así mesmo, durante o curso 2019/20, as escolas que permanezan abertas durante os períodos vacacionais de Nadal e Semana Santa serán as que abran no mes de agosto, agás que as ditas escolas fosen obxecto dun peche temporal por obras ou por calquera outra continxencia. O alumnado doutras escolas da mesma localidade poderá ser atendido na cal permaneza aberta. Nestes supostos a familia deberá xustificar con base en motivos laborais ou de saúde a necesidade de levalo ao centro durante os citados períodos.

O alumnado poderá asistir ao centro un máximo de once meses dentro do período de setembro a agosto do curso 2019/20.

En casos excepcionais debidamente xustificados poderase admitir a asistencia do neno ou da nena durante os 12 meses do ano. En tales circunstancias deberase formular unha solicitude cunha antelación mínima dun mes, agás causas sobrevidas que o impidan. Esta solicitude será resolta pola xefatura territorial correspondente. A ausencia de resposta no prazo de 10 días suporá a desestimación da solicitude.

2. O horario de apertura das escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais para o curso 2019/20 e a relación delas xunto cos seus enderezos pode consultarse no anexo VII, e na páxina web: https://politicasocial.xunta.gal.

As persoas usuarias dentro do horario de apertura do centro poderán optar por xornada completa continuada ou por media xornada.

Enténdese por xornada completa continuada aquela que se desenvolve desde primeiras horas da mañá, abrangue as horas centrais da actividade escolar e inclúe o servizo de comedor, con independencia da potestade organizativa dos centros.

Enténdese por media xornada aquela que, cun horario máximo diario de catro horas, se desenvolve en xornada de mañá, con ou sen servizo de comedor, ou en xornada de tarde, con independencia da potestade organizativa dos centros. A media xornada de tarde, sen servizo de comedor, só se ofertará nos centros con horario ampliado ata as 20.00 horas.

Con carácter excepcional, poderán admitirse solicitudes de xornada partida cando por circunstancias familiares acreditadas documentalmente se xustifique esta necesidade.

A permanencia do alumnado no centro non poderá superar as oito horas diarias dentro da xornada pola que opte, agás cando, por circunstancias excepcionais debidamente acreditadas, teña que permanecer un tempo superior ao máximo establecido. Estes supostos, serán estudados e, de ser o caso, autorizados pola xefatura territorial da Consellería de Política Social correspondente.

Artigo 5. Prestacións

1. As persoas usuarias poden optar por unha das seguintes modalidades de servizo:

a) Atención educativa con comedor.

b) Atención educativa sen comedor.

A opción dos servizos elixidos farase constar na solicitude e manterase durante todo o curso, salvo circunstancias sobrevidas debidamente acreditadas que xustifiquen a necesidade de modificación da opción elixida inicialmente.

2. O horario para o alumnado que opte pola modalidade de servizo prevista na letra b) do número anterior será o establecido polo centro con base nos seus criterios organizativos de funcionamento.

3. As nenas e nenos que teñan concedida praza sen servizo de comedor poderán facer uso deste servizo en días soltos sempre que se comunique á dirección do centro con antelación suficiente e se aboe o prezo estipulado.

Artigo 6. Prezos

1. Os prezos que deberán pagar as persoas usuarias serán os establecidos na normativa de prezos das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades do sector público autonómico de servizos sociais.

2. Aboaranse once mensualidades por curso, agás nos casos establecidos na normativa de prezos das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades do sector público autonómico de servizos sociais, e no artigo 4.1 desta resolución.

3. A inasistencia á escola infantil durante un determinado período non supón redución nin exención ningunha do pagamento da cota, agás nos casos establecidos na dita normativa de prezos.

Artigo 7. Regras para a determinación do importe do prezo público

Para a determinación do importe mensual do prezo público que se debe aboar polas prazas nas escolas infantís dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais teranse en conta as especificacións recollidas na normativa de prezos das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades do sector público autonómico de servizos sociais.

Para estes efectos, tomarase para o cálculo da cota a declaración do IRPF correspondente ao ano 2017.

Non obstante o anterior, cando as circunstancias concorrentes na data da devindicación do IRPF non coincidan coas circunstancias do momento da presentación da solicitude de praza na escola infantil 0-3, teranse en conta estas últimas, tanto para o cálculo da renda per cápita como para a aplicación do baremo e dos distintos descontos. En todo caso, estas circunstancias deberán xustificarse documentalmente no momento de presentación da solicitude.

Artigo 8. Solicitudes e documentación

1. O procedemento de solicitude de praza será o seguinte:

1.1. Renovación de praza (BS 402F).

1.1.1. Para a renovación da praza do alumnado escolarizado durante o curso 2018/19, presentarase o modelo normalizado de solicitude segundo o anexo VI, que estará dispoñible nos enderezos electrónicos https://sede.xunta.gal, https:/politicasocial.xunta.gal, así como nas propias escolas infantís 0-3.

1.1.2. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Anexo II relativo á comprobación de datos do/a cónxuxe, parella ou outros membros da unidade familiar.

b) Outros documentos que acrediten cambios de carácter socio-económico na unidade familiar.

1.2. Novo ingreso (BS402A).

1.2.1. As solicitudes de novo ingreso presentaranse segundo o modelo oficial establecido (anexo I). Neste impreso poderá solicitarse praza para un máximo de dous centros indicando a orde de preferencia.

Os impresos estarán dispoñibles nos enderezos electrónicos https://sede.xunta.gal e https//politicasocial.xunta.gal e facilitaranse tamén nos propios centros en que se solicite praza e nas xefaturas territoriais da Consellería de Política Social.

1.2.2. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Anexo II relativo á comprobación de datos do/a cónxuxe, parella ou outros membros da unidade familiar.

b) Anexo III, no caso de optar á axuda do programa Bono concilia.

c) Anexo IV, no caso de optar a unha praza do servizo de educación infantil 0-3 en escolas infantís de titularidade privada.

d) Copia do libro de familia ou, no seu defecto, outro documento que acredite oficialmente a situación familiar.

e) Certificado do grao de discapacidade e/ou de dependencia do neno ou da nena para quen se solicita praza, se é o caso, cando non sexa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Informe sobre a necesidade de integración na escola infantil acreditada por un equipo de valoración e orientación da Consellería de Política Social, no caso dos nenos e das nenas con necesidades específicas de apoio educativo.

g) Copia da resolución administrativa de acollemento ou de garda con fins adoptivos, cando estean formalizados por outra comunidade autónoma distinta da galega.

h) Xustificación de ocupación da nai/pai, titor/a legal ou acolledor/a actualizada no caso de persoas traballadoras que non estean no réxime xeral da Seguridade Social.

i) Se procede, outros documentos en que consten incidencias familiares, económicas e sociais puntuables no baremo:

1º. Certificado do grao de discapacidade e/ou de dependencia da nai/pai, acolledor/a, titor/a legal, ou outros membros da unidade familiar cando non sexan expedidos pola Comunidade Autónoma de Galicia.

2º. Certificado de convivencia e sentenza de separación ou divorcio, convenio regulador ou resolución xudicial de medidas paterno-filiais ou certificado administrativo de monoparentalidade expedido por outra comunidade autónoma.

3º. Copia do título de familia numerosa, no caso de que non sexa expedido pola administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

j) Acreditación da condición de muller vítima de violencia de xénero mediante calquera dos seguintes documentos:

1º. Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, ou testemuño ou copia da propia orde de protección ou da medida cautelar autenticada pola secretaría xudicial.

2º. Sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia en calquera das modalidades definidas na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

3º. Certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local.

4º. Certificación dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local.

5º. Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.

6º. Informe da Inspección de Traballo e Seguridade Social.

k) Certificado de empadroamento da unidade familiar expedido polo concello correspondente no cal se fará constar a data de alta no padrón municipal de habitantes, que, en todo caso, deberá ser anterior ao 1 de xaneiro do ano en que se solicite a praza, só nos supostos de escolas infantís situadas en concellos limítrofes con outras comunidades autónomas.

l) Cando se produzan variacións de ingresos que supoñan unha diminución ou incremento de máis do 20 % no cómputo anual fronte aos que figuren na declaración do IRPF correspondente ao ano 2017 deberán comunicarse e presentarse os documentos que acrediten oficialmente a situación económica.

1.2.3. A falta de presentación dalgún dos documentos recollidos nas letras e), g), h) e i) dentro do prazo de solicitude e emenda suporá a non valoración, na correspondente epígrafe do baremo que se recolle no anexo V, de calquera das circunstancias alegadas.

1.2.4. Opción de participación no programa do servizo de educación infantil para nenos e nenas de 0 a 3 anos en escolas infantís de titularidade privada.

As persoas que non obteñan praza pública poderán optar a unha praza nalgunha das escolas infantís adscritas ao programa do servizo de educación infantil para nenos e nenas de 0 a 3 anos en escolas infantís 0-3 de titularidade privada. Para estes efectos, deberán cubrir a epígrafe correspondente da solicitude no anexo I desta resolución e, ademais, presentar o anexo IV debidamente cuberto, no cal se seleccionarán un máximo de tres escolas infantís privadas con prazas deste servizo.

A relación de escolas adscritas a este programa poderá consultarse no anexo VIII desta resolución, a cal se publicará na páxina web: https://politicasocial.xunta.gal.

1.2.5. Opción de participación no programa Bono concilia.

Así mesmo, as persoas solicitantes que non obteñan praza pública poderán optar, nas condicións que estableza a correspondente convocatoria, ao Bono concilia da Consellería de Política Social, que consiste nunha axuda económica mensual para contribuír ao pagamento do importe da praza nunha escola infantil 0-3 non sostida con fondos públicos. Para estes efectos, deberase cubrir a epígrafe correspondente no anexo I desta resolución e, ademais, presentar a seguinte documentación:

a) Declaración de non percibir outras axudas para o mesmo concepto, ou de percibilas, coa indicación da súa contía (anexo III).

b) Declaración responsable de estar ao día nas obrigas tributarias e coa Comunidade Autónoma, de non ter débedas por resolución de procedencia de reintegro e de estar ao día coa Seguridade Social (anexo III).

2. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos aos que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

3. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

6. A sede electrónica da Xunta de Galicia permite as persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

7. A información relativa ao procedemento poderase consultar na páxina web:

https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos, así como no teléfono e enderezos electrónicos:

012; 012@xunta.es

administrativos.familia.coruna@xunta.gal; xefaturaterritorial.ctb.lugo@xunta.gal

politicasocialourense@xunta.gal; familia.ctb.vigo@xunta.gal

demografiaeconciliacion@xunta.gal

Artigo 9. Comprobación de datos

1. De conformidade co establecido na normativa de protección de datos, para a tramitación destes procedementos, BS402A e BS402F, consultaranse os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) Documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade de estranxeiro/a (NIE) da persoa solicitante e da persoa cónxuxe ou parella, de ser o caso.

b) Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF), da persoa solicitante, da/o cónxuxe ou parella e demais membros da unidade familiar, de ser o caso, correspondente ao ano 2017.

2. Nos supostos de solicitudes de novo ingreso, procedemento BS402A, consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Alta na Seguridade Social na data de presentación da solicitude da persoa solicitante e da/o cónxuxe ou parella.

b) Grao de discapacidade e/ou dependencia do neno ou da nena para quen se solicita praza recoñecido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Acollemento ou garda con fins adoptivos do neno ou da nena para quen se solicita praza formalizados pola Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Estar inscrito como demandante de emprego a data do día anterior ao da publicación desta resolución, de ser o caso, a persoa solicitante e o/a cónxuxe ou parella.

e) Grao de discapacidade e/ou dependencia da nai/pai, acolledor/a ou titor/a legal recoñecido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Situación de monoparentalidade recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.

g) Familia numerosa recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.

3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no anexo I e no anexo II segundo o caso e achegar os correspondentes documentos acreditativos.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 10. Lugar e prazo de presentación das solicitudes

1. As solicitudes de renovación de praza e de novo ingreso coa documentación requirida presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

2. O prazo para a presentación das solicitudes comeza o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e finaliza o día 5 de abril de 2019.

Artigo 11. Instrución do procedemento

Os servizos de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica das xefaturas territoriais da Consellería de Política Social, como órganos responsables da tramitación dos expedientes en cada unha das provincias, comprobarán que estes reúnen os requisitos recollidos nesta resolución. De non ser así, requirirase a persoa interesada para que, nun prazo de dez días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se non o fixer así, de acordo co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se entenderá que desiste da súa petición, logo da resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

Os órganos responsables da tramitación dos expedientes poderán reclamar en calquera momento todos aqueles datos que coiden precisos para unha realización máis eficaz da súa función e a súa debida acreditación documental.

Artigo 12. Comisións de valoración

1. A adxudicación de praza efectuarase en función da puntuación acadada segundo o baremo establecido no anexo V. No caso de obter igual puntuación terán preferencia, en primeiro lugar, as solicitudes coa renda per cápita máis baixa e despois as de xornada completa con servizo de comedor sobre as solicitudes de media xornada.

2. Con tal fin constituirase, en cada unha das xefaturas territoriais da Consellería de Política Social, unha comisión provincial de valoración coa seguinte composición:

– Presidencia: a persoa titular do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

Vogais: o/a director/a do centro, unha persoa en representación dos pais/nais, titores/as ou acolledores/as do alumnado do centro do que se estean a baremar as solicitudes e un funcionario/a da xefatura territorial da Consellería de Política Social designado pola persoa titular da xefatura territorial, que exercerá a secretaría.

Os acordos tomaranse por maioría simple e, en caso de empate, resolverá a presidencia.

3. En cada comisión provincial de valoración procurarase acadar unha presenza equilibrada de homes e mulleres.

4. A dirección de cada centro convocará as nais/pais, titores/as ou acolledores/as a unha reunión que se celebrará anualmente antes de rematar o prazo de presentación das solicitudes, a fin de elixir a quen exercerá a súa representación na comisión de valoración, mediante votación e por maioría simple.

5. Unha vez baremadas as solicitudes, a comisión emitirá un informe en que se concrete o resultado da avaliación efectuada.

A persoa titular do servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica elevará o dito informe xunto coa proposta de adxudicación á persoa titular da xefatura territorial.

A relación provisional de persoas admitidas e a lista de espera coas puntuacións obtidas farase pública o día (10 de maio) e poderase consultar nas xefaturas territoriais da Consellería de Política Social así como na páxina web: https://politicasocial.xunta.gal e nos respectivos centros.

Artigo 13. Reclamacións

As persoas solicitantes poderán efectuar as reclamacións que consideren oportunas no prazo dos 6 días posteriores á data da exposición pública da relación provisional.

Estas reclamacións entenderanse resoltas coa publicación da lista definitiva.

Artigo 14. Resolución do procedemento

1. Correspóndelle á persoa titular de cada xefatura territorial, por delegación da dirección da Axencia Galega de Servicios Sociais, unha vez comprobadas as reclamacións presentadas contra a relación provisional, resolver este procedemento mediante a aprobación da relación definitiva de persoas admitidas en cada provincia e da lista de espera, onde figurará a puntuación obtida.

Cada alumno/a só poderá ser adxudicatario/a dunha praza pública das escolas infantís da Xunta de Galicia.

A relación definitiva coa puntuación poderase consultar desde o día 31 de maio nas xefaturas territoriais da Consellería de Política Social, así como na páxina web https://politicasocial.xunta.gal e nos respectivos centros.

2. Con carácter xeral, o prazo máximo para resolver e notificar este procedemento será de cinco meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito prazo sen recaer resolución expresa, as solicitudes teranse por desestimadas.

3. Na relación definitiva de admisión estarán incluídas as solicitudes presentadas fóra de prazo con xustificación que tivesen entrada con anterioridade á data de publicación da relación provisional.

4. No suposto de ingresos urxentes a resolución do procedemento correspóndelle á persoa titular da dirección da Axencia Galega de Servizos Sociais, por proposta da persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Política Social correspondente, nun prazo de cinco (5) días desde a data de presentación da solicitude. Transcorrido este prazo sen que recaia resolución expresa a solicitude terase por desestimada.

5. As resolucións ditadas neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En caso de silencio administrativo, o prazo será de seis meses desde o día seguinte a aquel en que a solicitude se entenda desestimada.

Potestativamente e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, poderá interpoñerse recurso de reposición ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución expresa. Se a resolución é presunta, en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Artigo 15. Notificacións

Publicaranse no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, os actos administrativos de requirimento de emenda de documentación así como as correspondentes resolucións, sen prexuízo do disposto no artigo 46 da mesma lei. Esta publicación producirá os efectos de notificación. Así mesmo, de forma complementaria poderase efectuar a notificación de todos actos administrativos de acordo co reflectido nos parágrafos seguintes:

a) As notificacións dos actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos.

b) As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta a disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

c) A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel).

d) As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida pola persoa interesada, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

e) Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 16. Matrícula

1. As persoas que obteñan praza disporán de 8 días, contados desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución de adxudicación, para presentar no centro onde obtivesen a dita praza o impreso de matrícula debidamente cuberto xunto coa copia da cartilla de vacinación do neno ou nena.

Nos supostos de ingreso fóra de prazo disporase de 8 días contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución de concesión da praza para a realización deste trámite.

O cumprimento do calendario de vacinación infantil do Programa galego de vacinación así como a formalización da matrícula no prazo sinalado son imprescindibles para confirmar a praza, en caso contrario a persoa interesada decaerá da súa solicitude.

2. O impreso de matrícula facilitarase nos propios centros, así como na páxina web: https://politicasocial.xunta.gal.

3. A renuncia a unha praza concedida implica a imposibilidade de obter calquera outra praza pública das escolas infantís da Xunta de Galicia así como de optar a unha praza do servizo de educación infantil en escolas infantís 0-3 privadas e á axuda do Bono concilia.

Artigo 17. Lista de espera

1. A lista de espera estará constituída polas persoas solicitantes que non obteñen praza pública, ordenadas segundo a puntuación acadada no baremo de admisión.

2. As prazas que puidesen quedar vacantes ao longo do curso serán cubertas polas solicitudes en lista de espera por rigorosa orde de puntuación.

3. As solicitudes en lista de espera ás que se lle conceda unha praza do servizo de educación infantil en escolas infantís 0-3 privadas ou o Bono concilia serán excluídas automáticamente da dita lista. Non obstante o anterior, se antes de que se dite a resolución de concesión do bono se producisen vacantes nalgún dos centros solicitados, as solicitudes afectadas reintegraranse á lista de espera para os efectos de adxudicación destas prazas vacantes.

4. As solicitudes que non se presenten nos prazos fixados nesta convocatoria polas circunstancias sobrevidas referidas no punto 2.b) do artigo 3 debidamente xustificadas, serán valoradas polas comisións provinciais e, no caso de non podérselles adxudicar unha praza, incluiranse na lista de espera segundo a puntuación obtida.

5. Na relación definitiva da lista de espera estarán incluídas as solicitudes presentadas fóra de prazo con xustificación que teñan entrada con anterioridade á data da súa aprobación.

Artigo 18. Revisión do prezo

O prezo fixado inicialmente revisarase nos seguintes casos:

a) Modificación das circunstancias que determinan os descontos recollidos na normativa vixente en materia de prezos públicos.

b) Diminución ou incremento dos ingresos en máis do 20 % en cómputo anual respecto aos declarados na solicitude de praza ou, de ser o caso, nunha variación posterior. Estas variacións deberán ter unha duración mínima de seis meses para ser tomadas en consideración e xustificaranse por medio da declaración do IRPF, dun certificado emitido pola AEAT ou por calquera outra documentación que, a xuízo da xefatura territorial da Consellería de Política Social, xustifique e permita un novo cálculo da renda per cápita da unidade familiar.

c) Variación no número de membros da unidade familiar.

Para estes efectos, a persoa beneficiaria queda obrigada a comunicar calquera variación que se produza nos supostos que deron lugar ao cálculo do prezo público que se lle aplica.

A modificación do prezo será resolta pola persoa titular da xefatura territorial e aplicarase a partir do primeiro día do mes natural seguinte ao da data da correspondente resolución.

Artigo 19. Baixas

1. Será causa de baixa na escola infantil:

a) O cumprimento da idade máxima regulamentaria de permanencia no centro.

b) A solicitude das persoas proxenitoras ou representantes legais.

c) A falta de pagamento do prezo establecido durante dous meses consecutivos ou tres alternos, calquera que sexa o curso escolar ao que se refire a débeda, sen prexuízo da reclamación desta polo procedemento administrativo de constrinximento.

d) A comprobación de falsidade nos documentos ou nos datos achegados.

e) A incompatibilidade ou inadaptación absoluta para permanecer no centro.

f) A falta de asistencia continuada durante quince días sen causa xustificada.

2. Naqueles casos nos cales se produza unha falta de asistencia prolongada, deberá presentarse cunha periodicidade mensual a documentación acreditativa da causa que a produce. O incumprimento desta obriga será causa de baixa.

3. As baixas motivadas polo establecido na alínea e) serán resoltas pola persoa titular da dirección da Axencia Galega de Servizos Sociais, por proposta da xefa ou xefe territorial correspondente, unha vez oída a dirección do centro ao que asiste a alumna ou alumno e realizado o trámite de audiencia da/s persoa/s interesada/s. O prazo de resolución será de 2 meses desde o inicio do expediente. Nos demais supostos aprobarase a baixa por resolución da persoa titular da xefatura territorial correspondente ou por delegación da dirección da Axencia Galega de Servizos Sociais.

Contra as resolucións ditadas no procemento anterior será de aplicación o establecido no artigo 14.5 desta resolución.

4. As baixas producidas ao longo do curso escolar por calquera dos motivos anteriormente expostos cubriranse coas solicitudes que figuren nese momento en lista de espera en cada grupo de idade, por rigorosa orde de puntuación.

Artigo 20. Información básica sobre protección de datos persoais

Os datos persoais recollidos neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia, Consellería de Política Social coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que se derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da carpeta cidadá.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, reflectíndose esta circunstancia no devandito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que a cidadanía poida acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

A fin de darlle a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito na presente norma reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais dos que dispón a Xunta de Galicia como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www. xunta.gal/proteccion-datos-persoais.

Disposición adicional primeira. Flexibilización do período de escolarización para alumnos/as con necesidades especificas de apoio educativo

As familias dos alumnos/as con necesidades específicas de apoio educativo que excedan do límite de idade establecido no artigo 2 e estiveran escolarizados/as durante o curso 2018/19 poderán solicitar a súa permanencia na escola infantil 0-3 un curso máis, para o que deberán presentar a solicitude de renovación de praza e cubrir o punto correspondente á flexibilización.

Xunto coa dita solicitude deberán achegar os informes dos/as profesionais que levan o seguimento do neno ou nena, tales como o da unidade de atención temperá, o da unidade de rehabilitación ou o do/a pediatra.

A dirección da escola infantil 0-3 elaborará un informe de observación e seguimento do neno/a e realizará unha valoración sobre a pertinencia da súa permanencia na escola infantil, tendo en conta a súa evolución, as consideracións da familia e os informes doutros/as profesionais e remitirá a solicitude xunto co resto da documentación á xefatura territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para o seu traslado ao equipo de orientación específico, quen emitirá o correspondente ditame de escolarización.

No caso de que o ditame de escolarización sexa favorable, a Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica emitirá a resolución de permanencia do alumno/a na escola infantil 0-3 para o curso escolar solicitado.

Paralelamente, a familia deberá solicitar praza para o segundo ciclo de educación infantil nun centro que imparta este nivel educativo dentro dos prazos anuais establecidos para estes efectos pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Deste xeito asegurará a escolarización nun centro da súa elección no caso de que o ditame de escolarización sexa desfavorable á flexibilización do período de escolarización nunha escola infantil 0-3.

Disposición adicional segunda. Ratios nenos/as con necesidades específicas de apoio educativo

No caso de integrarse nenos e nenas con necesidades específicas de apoio educativo, en ningún caso poderá haber máis dun alumno ou dunha alumna con estas necesidades por aula. Para os efectos da ratio estas prazas contabilizaranse como dúas.

Disposición derradeira primeira. Delegación de competencias

Apróbase a delegación de competencias da persoa titular da dirección da Axencia Galega de Servizos Sociais nas persoas titulares das xefaturas territoriais da Consellería de Política Social para a resolución desta convocatoria.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2019

O/A director/a da Axencia Galega de Servizos Sociais
P.S. (Disposición transitoria primeira do Decreto 40/2014, do 20 de marzo)
Mª Amparo González Méndez
Directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO V

Baremo

1. Situación socio-familiar.

1.1. Por cada membro da unidade familiar: 2 puntos.

1.2. Por cada persoa que sen formar parte da unidade familiar estea ao seu cargo: 1 punto.

1.3. No caso de que o/a neno/a para o que se solicita a praza nacese nun parto múltiple: 1 punto.

1.4. Por cada membro da unidade familiar afectado por discapacidade ou enfermidade que requira internamento periódico: 2 puntos.

1.5. Pola condición de familia monoparental: 3 puntos.

1.6. Por ausencia do fogar familiar de ambos os dous membros parentais: 6 puntos.

1.7. Pola condición de familia numerosa: 3 puntos.

1.8. Outras circunstancias familiares debidamente acreditadas: ata 3 puntos.

2. Situación laboral familiar.

2.1. Situación laboral de ocupación:

Nai: 7 puntos.

Pai: 7 puntos.

2.2. Situación laboral de desemprego (1):

Nai: 2 puntos.

Pai: 2 puntos.

2.3. Persoas que desenvolvan e perciban o tramo de inserción (Risga):

Nai: 3 puntos.

Pai: 3 puntos.

(1) Valorarase tal condición coa certificación de demanda de emprego con efectos do día anterior ao da publicación desta resolución.

No caso de familias monoparentais ou aquelas en que o neno ou a nena conviva cunha soa persoa proxenitora adxudicaráselles a puntuación da epígrafe correspondente computando por dous.

Só se poderá obter puntuación por unha das epígrafes anteriores.

3. Situación económica.

RPC mensual da unidade familiar, referida ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) vixente ( calculada de acordo co establecido no artigo 7 desta resolución):

Inferior ao 30 % do IPREM: +4 puntos.

Do 30 % ou superior e inferior ao 50 % do IPREM: +3 puntos.

Do 50 % ou superior e inferior ao 75 % do IPREM: +2 puntos.

Do 75 % ou superior e inferior ao 100 % do IPREM: +1 punto.

Do 100 % ou superior e inferior ao 125 % do IPREM: -1 punto.

Do 125 % ou superior e inferior ao 150 % do IPREM: -2 puntos.

Entre o 150 % e o 200 % do IPREM: -3 puntos.

Superior ao 200 % do IPREM: -4 puntos.

En caso de obter igual puntuación, terán preferencia en primeiro lugar as solicitudes coa renda per cápita máis baixa e despois as de xornada completa con servizo de comedor sobre as solicitudes de media xornada.

Para os efectos desta resolución están a cargo da unidade familiar as persoas que, convivindo no mesmo domicilio, teñen ingresos inferiores ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) vixente.

No caso de ausencia do fogar familiar de ambos os dous membros parentais adxudicarase a puntuación máxima nas epígrafes 2º e 3º do baremo.

No caso de familias monoparentais, incrementarase nun 0,8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar.

ANEXO VII

Relación de escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais

Provincia

Centro

Enderezo

Localidade

Horario de ás pertura

A Coruña

EI As Mariñas

Rúa Orillamar, 37

15002 A Coruña

Das 8.00 ás 17.00 horas

EI O Ventorrillo

Rúa Mosteiro de Caaveiro, 44

15010 A Coruña

Das 8.00 ás 17.00 horas

EI Santa María de Oza

Rúa Xasmíns-Veciñal, 5

15008 A Coruña

Das 8.00 ás 17.00 horas

EI Elviña

Avda. Pablo Picasso, 7

15008 A Coruña

Das 8.00 ás 17.00 horas

EI Catabois

Estrada de Catabois, s/n

15405 Ferrol

Das 7.30 ás 17.00 horas

EI Virxe de

Chamorro (1)

Rúa Santos, s/n

15401 Ferrol

Das 8.00 ás 17.00 horas

EI Santa Susana

Paseo da Ferradura, s/n

15705 Santiago

Das 8.00 ás 18.00 horas

EI Vite

Praza Lalo Hernández, s/n

15704 Santiago de Compostela

Das 7.30 ás 18.00 horas

Lugo

EI Virxe da Purificación

Rúa Concepción Arenal, s/n

27780 Foz

Das 8.00 ás 17.30 horas

EI Nª Señora do Campo

Rúa Ibáñez, s/n

27700 Ribadeo

Das 8.00 ás 18.00 horas

EI Sagrado Corazón

Rúa Curros Enríquez, 34

27004 Lugo

Das 7.45 ás 20.00 horas

EI Paradai

Rúa Narciso Peinado, s/n

27003 Lugo

Das 7.45 ás 18.00 horas

EI Casa do Mar de Celeiro

Avda. Ramón Canosa, s/n, Celeiro

27863 Viveiro

Das 8.00 ás 17.00 horas

Ourense

EI Antela

Rúa Ervedelo, 51

32002 Ourense

Das 8.00 ás 18.00 horas

EI A Farixa

Rúa Acevedo e Zúñiga, 3

32005 Ourense

Das 8.00 ás 20.00 horas

EI Virxe de Covadonga

Rúa Valdegola, 7

32001 Ourense

Das 8.00 ás 18.00 horas

Pontevedra

EI Bouzas

Rúa Pardaíña, 2

36208 Vigo

Das 8.00 ás 17.00 horas

EI Relfas

Camiño do Marco, 28, Moledo

36214 Vigo

Das 8.00 ás 17.00 horas

EI Rosalía de Castro

Rúa Baiona, 9, Coia

36209 Vigo

Das 7.45 ás 17.00 horas

EI Caeiro(1)

Rúa Gorguiña, 2, Cabral

36215 Vigo

Das 8.00 ás 17.00 horas

EI San Paio

Ronda de Don Bosco, 1

36202 Vigo

Das 7. 30 ás 20.00 horas

EI Campolongo

Rúa Xeneral Rubín, s/n, Campolongo

36001 Pontevedra

Das 8.00 ás 18.00 horas

EI O Toxo

Rúa San Roque, 1

36001 Pontevedra

Das 8.00 ás 17.00 horas

EI Marisma Santa Mariña

Rúa Pexegueiro, 7

36800 Redondela

Das 8.00 ás 17.00 horas

EI Casa do Mar de Marín

Rúa Ezequiel Massoni, 7

36900 Marín

Das 8.00 ás 17.00 horas

(1) Estas escolas infantís non dispoñen de grupo 0-1 anos

ANEXO VIII

Relación de escolas infantís que ofertan prazas do servizo de educación infantil para nenos e nenas de 0-3 anos en escolas de titularidade privada para o curso 2019/20

Provincia

Entidade

Centro

Enderezo

Concello

Provincia

Grupo idade

Nº prazas

A Coruña

G Matogrande, S.L.

EI Pequerrechos Cambre

Constitución 11, 13, P Marítimo O Graxal

15670 Cambre

A Coruña

0-1

5

1-2

13

2-3

16

A Fraga Encantada, S.C.

EI A Fraga Encantada

Pintor Lucio Muñoz, 3-B

15660 Cambre

A Coruña

0-1

4

1-2

10

2-3

20

Amelia Barallobre Carreira

Xardín de Infancia Chiquitín

Celso Emilio Ferreiro, 29-B, El Temple

15679 Cambre

A Coruña

0-1

1

1-2

5

2-3

5

EI Trasnos, S.L.

EI Trasnos

Castellana, 87

15660 Cambre

A Coruña

0-1

2

1-2

13

2-3

15

Dana

Coruña, S.L.

EI Dana

Pozo, 11, baixo

15005 A Coruña

A Coruña

0-1

2

1-2

6

2-3

6

Santiago de

Compostela

María Belén Muiña Romay

EI Piolín de Ames

Urbanización

Palmeras, Bertamiráns

15220 Ames

A Coruña

0-1

3

1-2

4

2-3

23

Sociedade Santa

Apolonia, S.L.

EI Santa Apolonia II

A Rocha, Poza Real, 2

15706 Santiago de Compostela

A Coruña

0-1

5

1-2

5

2-3

5

Ferrol

Lendo e

Crecendo, S.L.

EI Os

Pequerrechos de Ferrol

Praza de España, 7-B, baixo

15403 Ferrol

A Coruña

0-1

2

1-2

4

2-3

4

Lugo

EI Gliemmo, Vilariño y

Pizzo, S.L.

EI Pepa

Vagalume

Agro da Torna, 16, baixo

27002 Lugo

Lugo

0-1

5

1-2

5

2-3

10

Monforte de Lemos

Diego Rosales Galiñanes

EI San Vicente de Paúl

Eduardo Pondal, s/n

27080

Monforte de Lemos

0-1

-

1-2

-

2-3

10

Ourense

Colegio Infantil Los Tilos, S.L.

EI Los Tilos

Alfredo Brañas, 62-A

32001 Ourense

Ourense

0-1

8

1-2

12

2-3

16

Lazos Colexio Infantil, S.L.

EI Lazos

Irmáns da Xesta, 2-B

32002 Ourense

Ourense

0-1

1-2

1

2-3

1

E Infantil

Lecer, S.L.L.

EI Lecer

Travesía de Portocarreiro, 10-12

32003 Ourense

Ourense

0-1

2

1-2

9

2-3

9

Pontevedra

Asociación G Laboral Pipo

EI Pipo de Lérez

Pasarón, 3

36005

Pontevedra

Pontevedra

0-1

3

1-2

10

2-3

10

Parrulos, S.L.

EI Parrulos de Pontevedra

Pr. Fermín Bouza Brey, 1-B

36004

Pontevedra

Pontevedra

0-1

1

1-2

3

2-3

3

EI

Bamby, S.L.U.

EI Bamby

San Roque de Abaixo, 1

36001 Pontevedra

Pontevedra

0-1

2

1-2

9

2-3

10

Vigo

Asociación Educativa Dalila

EI Integral Dalila Cangas

Lisboa, 1-B

36940 Cangas

Pontevedra

0-1

7

1-2

17

2-3

17

Caracolandia, S.L.

EI Caracol de Cangas

Paz, 10, local 2

36940 Cangas

Pontevedra

0-1

7

1-2

20

2-3

20

C Educación Infantil

Esme, S.L.

C Educación Infantil O Xardín

Ramón Couto, 27

36203 Vigo

Pontevedra

0-1

2

1-2

15

2-3

20

C E Infantil

O Xardín Hispanidad, S.L.

C Educación Infantil O Xardín Hispanidad

Hispanidade, 46, Romil, 57A

36203 Vigo

Pontevedra

0-1

2

1-2

15

2-3

17

Navuxil, S.L.

EI 0-3 Navuxil

Navuxil, s/n

36400 O Porriño

Pontevedra

0-1

1

1-2

5

2-3

10

missing image file
missing image file
missing image file