Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2019 Páx. 14181

III. Outras disposicións

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

EXTRACTO da Resolución do 25 de febreiro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión dunha bolsa de formación na Escola Galega do Consumo e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.

BDNS (Identif.): 443624.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias desta bolsa de formación as persoas que estean en posesión dalgunha das titulacións universitarias de licenciatura ou de grao: Márketing e Comunicación Dixital, Publicidade, Xornalismo, Comunicación, Márketing, Relacións e Comunicación Institucional ou equivalentes, sempre que cumpran os demais requisitos e condicións establecidos nas bases reguladoras.

Segundo. Obxecto

Bolsas de formación, en réxime de concorrencia competitiva, que teñen por obxecto contribuír á formación titorial de profesionais no campo da docencia e o seu ámbito. Estas bolsas desenvolveranse dentro do programa formativo establecido pola Escola Galega do Consumo e coas indicacións que lles transmita o titor que teñan asignado.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 25 de febreiro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión dunha bolsa de formación na Escola Galega do Consumo e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.

Cuarto. Importe e duración

Unha bolsa cunha duración máxima de doce meses, contados desde a data da incorporación da persoa bolseira e ata o 30 de decembro de 2019.

A bolsa estará dotada cun importe máximo de 10.800 euros brutos, distribuídos en pagamentos mensuais, a razón de 900 euros por mes.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2019

Sol Mª Vázquez Abeal
Directora do Instituto Galego do Consumo e da Competencia