Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2019 Páx. 14101

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 13 de xuño de 2018 pola que se autoriza a implantación de ensinanzas universitarias oficiais de grao, máster e programas de doutoramento nas universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, para o curso 2018/19.

Advertido erro na orde publicada no DOG núm. 124, do 29 de xuño de 2018, cómpre efectuar a seguinte modificación:

Na páxina 31434, no parágrafo 14 do artigo 1, onde di: «Programa de Doutoramento en Saúde e Motricidade Humana. Autorizado pola presente orde», debe dicir: «Programa de Doutoramento conxunto en Saúde e Motricidade Humana, pola Universidade da Coruña, a Universidade de Extremadura e a Universidade de León. Autorizado pola presente orde».