Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2019 Páx. 14264

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (13/2018).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 13/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Armaduras y Construcciones Morsa, S.L., sobre ordinario, reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza:

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2019.

Vistos por min, Carolina Nores Díaz, maxistrada do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, os presentes autos de procedemento ordinario número 13/2018, seguidos por instancia de Fundación Laboral de la Construcción, representada e asistida pola letrada Sra. Marón Fernández, contra a entidade Armaduras y Construcciones Morsa, S.L., en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española, dito a presente sentenza, con base nos seguintes

Decisión:

Que, estimando integramente a demanda interposta pola Fundación Laboral de la Construcción contra a entidade Armaduras y Construcciones Morsa, S.L., debo condenar e condeno a demandada a lle aboar á demandante a suma de 678,36 euros, ademais da cantidade de 200 euros en conceptos de honorarios.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela non cabe recurso (artigo 191.2 da LRXS).

E para que sirva de notificación en legal forma a Armaduras y Construcciones Morsa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza