Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2019 Páx. 14262

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 401/2018).

Procedemento ordinario 401/2018

Demandante: Javier Miniño Santos

Graduado social: José Benito Vidal Rey

Demandados: Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e José Ramón Collazo Yáñez

Avogado: letrado de Fogasa

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 401/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Javier Miniño Santos contra o Fondo de Garantía Salarial e José Ramón Collazo Yáñez, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Citar ás partes para que comparezan o día 3 de abril de 2019, ás 9.25 horas, na secretaría deste xulgado, para a celebración do acto de conciliación ante a letrada da Administración de xustiza e, unha vez intentada, e en caso de non alcanzarse a avinza, o día 3 de abril de 2019, ás 9.30 horas, na planta baixa, sala de vistas, Edificio Xulgados, para a celebración do acto de xuízo ante a maxistrada.

Advírtese á parte demandante, que en caso de non comparecer ao sinalamento sen alegar xusta causa que motive a suspensión dos actos de conciliación e xuízo, teráselle por desistida da súa demanda. Advírteselle igualmente á parte demandada que a súa incomparecencia aos referidos actos non impedirá a súa celebración, continuando estes sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

Respecto aos outrosís solicitados para os efectos previstos no artigo 81.4 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), paso dar conta ao xuíz.

Ao outrosí, tense por anunciado o propósito de comparecer asistido representado de avogado/a ou graduado/a social para os efectos do artigo 21.2 da LXS e por designado domicilio para os efectos de comunicacións, artigo 53 da LXS.

Antes da notificación desta resolución ás partes paso dar conta á SSª do sinalamento efectuado.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, fornecerán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se vai interpoñer ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a José Ramón Collazo Yáñez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza