Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2019 Páx. 14318

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de información pública sobre emprazamento de persoas.

Ao ter sido interposto por Avelina Tato Machado recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado número 265/2018, contra o acordo plenario de data 7.5.2018, de aprobación definitiva do orzamento municipal 2018 do Concello do Porriño así como do cadro de persoal e catálogo de postos de persoal e de todos os actos posteriores que como consecuencia de aqueles se produciran (publicado no BOPPO núm. 102, do 29.5.2018) en que solicita a nulidade de tal acordo, mediante este anuncio, e para os efectos da publicidade exixida polo artigo 47.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, en redacción dada pola Lei 13/2009, do 3 de novembro, de reforma da lexislación procesual, se procede a emprazar aos posibles interesados que desexen comparecer no proceso indicado.

O Porriño, 19 de febreiro de 2019

Eva García de la Torre
Alcaldesa