Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2019 Páx. 14317

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de convocatoria dunha praza vacante de oficial da policía local.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO), núm. 248, do 28 de decembro de 2018, publicouse o anuncio relativo ás bases, así como á convocatoria, que rexerán o proceso selectivo para o acceso a unha praza vacante de oficial da policía local do Concello do Porriño, integrada na OEP do ano 2016 e na súa modificación, polo procedemento de concurso de méritos no sistema de mobilidade horizontal para o acceso de funcionarios desde outros corpos da policía local da Comunidade Autónoma de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios deste proceso selectivo, cando procedan, realizaranse na forma prevista nas propias bases.

O Porriño, 25 de xaneiro de 2019

Manuel Carrera Punzón
Alcalde accidental