Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 18 de marzo de 2019 Páx. 14510

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 1203/2015).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1203/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Víctor Allo Blanco contra a empresa Nova Edosa, S.L., sobre ordinario, foi ditada a sentenza que na súa parte dispositiva di:

«Dispoño que, estimando a demanda interposta polo demandante Víctor Allo Blanco, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Nova Edosa, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 8.461,09 euros polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que debe anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá ao anunciar o recurso entregar comprobante de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, xulgando definitivamente».

E para que sirva de notificación en legal forma a Nova Edosa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza