Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 18 de marzo de 2019 Páx. 14511

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 1123/2017).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1123/2017 deste xulgado do social, seguidos contra a empresa Ifecgas Pereira, S.L., Ifedic Pereira, S.L., Manuel Freire Muíño e Juan Carlos Pereira Freire, sobre despedimento, foi ditada a sentenza que na súa parte dispositiva di:

«Decido que, estimando a demanda interposta por Baldomero Martínez Barbeito, con citación do Fogasa, contra a empresa Ifedic Pereira, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ao demandante e condeno a demandada a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, ou o aboamento dunha indemnización de 27.079,84 €. No caso de que opte pola readmisión, o traballador terá dereito aos salarios de tramitación, que ascenden a 53,65 €/día.

Absólvese a Ifecgas Pereira, S.L., Manuel Freire Muíño e Juan Carlos Pereira Freire.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se debe anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, cando anuncie o recurso, entregar comprobante de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade

E, igualmente, deberá no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer

Así o mando e asino por esta miña sentenza, xulgando definitivamente».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ifecgas Pereira, S.L., Ifedic Pereira, S.L., Manuel Freire Muíño e Juan Carlos Pereira Freire, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza