Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 18 de marzo de 2019 Páx. 14513

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 1090/2016).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1090/2016 deste xulgado do social contra a empresa Deus Creaciones, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Sentenza

Na Coruña o vinte e un de febreiro de dous mil dezanove

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vendo os presentes autos seguidos neste xulgado co número 1090/2016, en que son parte, dun lado, como demandante, María Sol Vilariño Souto, asistida polo letrado Daniel Pérez López, e como demandados Deus Creaciones, S.L., administración concursal de Deus Creaciones, S.L. e o Fogasa, que non comparecen a pesar de estaren citados en legal forma, sobre reclamación de cantidade, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza:

Antecedentes de feito.

Primeiro. A parte demandante presentou demanda que por quenda correspondeu a este Xulgado do Social número 2 da Coruña, na cal, tras expoñer os feitos e alegar os fundamentos de dereito que considerou pertinentes, remataba suplicando que se ditase sentenza conforme o pedido.

Segundo. Admitida a trámite dita demanda, sinalouse a realización do acto de xuízo e este tivo lugar na data sinalada en todas as súas fases co resultado que consta na acta redactada para o efecto e que quedou debidamente gravado no correspondente soporte CD. Unha vez concluído o acto do xuízo, quedaron os autos vistos para ditar sentenza.

Terceiro. Na tramitación dos presentes autos observáronse as normas legais de procedemento.

Decido que, estimando a demanda interposta pola demandante María Sol Vilariño Souto, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Deus Creaciones, S.L. a que aboe á demandante a cantidade de 1.720,91 euros polos conceptos reclamados en demanda, máis o 10 % de xuro por demora.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Expídoa eu, letrada da Administración de xustiza, para facer constar que, na mesma data da sentenza, se deposita na Secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. Seguidamente, líbrase testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Deus Creaciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza