Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 18 de marzo de 2019 Páx. 14579

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tui

ANUNCIO da oferta de emprego público para o ano 2019.

Mediante a Resolución da Alcaldía do 7 de marzo de 2019, rectificada mediante Resolución do 14 de marzo de 2019, aprobouse a oferta de emprego público para o ano 2019 do Concello de Tui; as prazas que se ofertan son as seguintes:

Funcionarios de carreira:

Grupo/subgrupo

Clasificación

Denominación

Nº de prazas

Quenda

A2

Escala de Administración especial, subescala servizos especiais

Inspector

1

Promoción interna

C1

Escala de Administración especial, subescala servizos especiais

Policía local

1

Libre

C2

Escala de Administración especial, subescala auxiliar

Auxiliar de arquivo e biblioteca

1

Libre

Agrupación profesional

Escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios

Operarios de obras

3

Libre

Na mesma resolución fixouse como prazo máximo da convocatoria tres anos.

Contra este acordo de aprobación da oferta de emprego público, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer o recurso potestativo de reposición, ante a Alcaldía, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, ao abeiro do establecido no artigo 124 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación, consonte o disposto nos artigos 8.1 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xuño, da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de interpoñerse o recurso potestativo de reposición, deberase resolver e notificar no prazo dun mes segundo establece o artigo 124.2 da dita Lei 39/2015, entendéndose desestimado o recurso de reposición polo transcurso do dito prazo sen resolución expresa notificada, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, podendo entón os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de seis meses, contados desde o día seguinte a aquel en que se deba entender presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, consonte o establecido no artigo 46.1) e 4) da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados consideren procedentes conforme dereito.

Tui, 8 de marzo de 2019

Carlos Vázquez Padín
Alcalde