En virtude da Resolución do 22 de xaneiro de 2019 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro) fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre na categoría 001 (camareiro/a-limpador/a//axudante/a de cociña) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo).
A persoa aspirante que a seguir se relaciona presentou a súa renuncia aos seus dereitos de participación no referido proceso selectivo.
Tendo en conta o disposto no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta dirección xeral
DISPÓN:
Primeiro. Excluír da relación definitiva de aspirantes admitidos ao proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre na categoría 001 (camareiro/a-limpador/a//axudante/a de cociña) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, a seguinte persoa aspirante:
DNI |
Apelidos e nome |
4408**** |
Lameiro López, Mónica |
Segundo. Incluír a devandita persoa aspirante na relación definitiva de aspirantes excluídos do proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre na categoría 001 (camareiro/a-limpador/a//axudante/a de cociña) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, polo motivo 43 (desistencia da solicitude).
Terceiro. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.
Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2019
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública