De conformidade co establecido nos artigos 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 24 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, notifícase o prazo de conservación e dispoñibilidade dos documentos xustificativos das axudas concedidas segundo a Orde do 24 de maio de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020 e se convocan as correspondentes ao ano 2016, aos beneficiarios destas axudas que figuran no anexo da presente resolución, tendo en conta as seguintes consideracións:
As resolucións de outorgamento das axudas para proxectos ao abeiro das EDLP, aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca segundo a orde referida no parágrafo anterior establecen, no seu punto 11, parágrafo segundo, a obriga aos seus beneficiarios seguinte:
«Independentemente do sistema establecido para a xustificación da subvención, deberán manterse á disposición da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo, os documentos xustificativos relativos aos gastos subvencionados ata o 31 de decembro de 2023, salvo que o prazo que resulte do establecido no artigo 140 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 sexa distinto; neste caso comunicarase coa antelación suficiente».
A autoridade de xestión emitiu, o 18 de maio de 2018, a Circular nº 1/2018: Dispoñibilidade de documentos art. 140 RDC, na cal decidiu aplicar a todas as operacións cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), que os documentos xustificativos estean á disposición da Comisión e do Tribunal de Contas durante un prazo de dous anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación unha vez concluída.
En consecuencia, para os efectos de que os beneficiarios poidan dar cumprimento á devandita obriga das correspondentes resolucións de concesión das axudas para proxectos ao abeiro das EDLP, aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca, en aplicación do artigo 140.1 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (RDC), e da Circular nº 1/2018 mencionada, e tendo en conta que a operación foi incluída na Conta 2017-2018 presentada á Comisión o 15 de febreiro de 2019, comunícase que os documentos xustificativos relativos aos gastos apoiados polo FEMP ao abeiro da dita orde se conservarán e estarán á disposición da Comisión e do Tribunal de Contas Europeo, se así o solicitan, durante un prazo de dous anos a partir do 31 de decembro de 2019, isto é, ata o 31 de decembro de 2021.
Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2019
Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
ANEXO
Expediente e proxecto |
Beneficiario |
GALP1-005 Almacén frigorífico de peixe e cetaria de mariscos |
Pescados y Mariscos de Rinlo, S.L. |
GALP1-006 Implantación de melloras no sistema de rastrexabilidade e etiquetaxe dos produtos pesqueiros |
Peixes Radamar, S.L. |
GALP1-007 Implantación de melloras no sistema de rastrexabilidade e etiquetaxe dos produtos pesqueiros |
Troncheros, S.L. |
GALP1-008 Impulso á exportación |
Transportes y Pescados Nelo, S.L. |
GALP1-020 Implantación de melloras no sistema de etiquetaxe e rastrexabilidade de peixe e marisco |
Grupo Pescados y Mariscos Pepa, S.L. |
GALP1-022 Hola Ola Actividades Turísticas no mar |
Hola Ola Ribadeo, S.L.U. |
GALP1-025 Natureza e contorna mariñeira |
IG10 Gestión Servicios, S.L.U. |
GALP1-023 Servizos LIDAR e ortofotográficos para o estudo do medio natural e mariño |
Topcad Ingeniería, S.L. |
GALP1-027 Evolucionamos Innovando |
Pescados Orol, S.L. |
GALP1-030 Ampliación da produción de xeo na lonxa de Burela |
Armadores de Burela, S.A. |
GALP1-031 Sinaliza: sinalización sustentable de espazos naturais turísticos, con potencial para a práctica de deporte na natureza |
Jacobo Suárez Vilela |
GALP2-001 Obradoiros de cociña mar e terra |
Concello de Paderne |
GALP2-002 Embarcación de vixilancia |
Confraría de Ferrol |
GALP2-010 Cabanas A Fraga feita mar. Posicionamento estratéxico |
Concello de Cabanas |
GALP2-013 Estudo de sustentabilidade para espazo de incubación emprendedora |
Concello de Paderne |
GALP3-003 Conservación e control do acceso ás zonas marisqueiras e percebeiras |
Confraría de Camariñas |
GALP3-004 A pensión do mar en Carballo |
Raxería Río Sil, S.L. |
GALP3-005 Responsabilidade e control no acceso aos recursos dentro do ámbito territorial da confraría de Camelle |
Confraría de Camelle |
GALP3-007 Carballo é mar |
Concello de Carballo |
GALP3-008 Turismo industrial na Costa da Morte |
Industrias Cerdeimar, S.L. |
GALP4-001 O Semáforo de Fisterra |
NCC Galicia, S.L. |
GALP4-005 Hotel Sempre Fisterra |
Semprefisterra, S.L. |
GALP4-016 Centro de Visitantes Multifuncional Xeodestino Ría Muros-Noia |
Concello de Noia |
GALP4-010 Plan Estratéxico de Turismo Xeodestino Ría Muros-Noia |
Asociación Rural de Desenvolvemento da Ría de Muros-Noia |
GALP5-002 Establecemento de efectos navais en Cabo de Cruz |
Efectos Navais Cabo, S.L. |
GALP5-003 Aproveitamento e posta en valor dos moluscos doados e non aptos para comercialización en primeira venda |
Mariscos Camino, S.L. |
GALP5-050 New Live Produccións Culturais |
New Live Producciones Culturales, S.L.U. |
GALP5-015 Oceanic Arousa Tours |
Jesús Antonio Places Vidal |
GALP5-023 Mellora na selección de marisco previa á comercialización en primeira venta |
Confraría de Vilanova |
GALP6-009 Automatización do proceso de poxa de produtos pesqueiros na lonxa de Bueu |
Confraría de Bueu |
GALP5-022 Rehabilitación dun inmoble no centro urbano de Vilanova de Arousa que formaba parte dunha antiga salazón co obxectivo de convertelo nun albergue turístico |
Francisco Navia Leiro |
GALP5-011 Mellora da competitividade, iniciativa innovadora |
Confraría de Cambados |
GALP1-018 Océano Surf Museo |
Concello de Valdoviño |
GALP6-002 Mellora da comercialización dos produtos da pesca |
Artesa Rías Baixas, S.L. |
GALP7-004 Xestión das algas recollidas nas accións de limpeza e mantemento dos bancos marisqueiros |
Confraría de Vilaboa |
GALP7-004 Xestión das algas recollidas nas accións de limpeza mantemento dos bancos marisqueiros |
Concello de Vilaboa |
GALP7-008 Nigrán: Mar de sabores |
Confraría de Baiona |
GALP7-008 Nigrán: Mar de sabores |
Concello de Nigrán |
GALP7-015 Empreamar: O medio mariño como recurso para o emprendemento |
Concello de Moaña |
GALP6-011 Mellora dos servizos á flota pesqueira artesanal, acuícola e deportiva do porto de Bueu |
Confraría de Bueu |
GALP7-003 Impulso e dinamización das actividades pesqueiras, comerciais e industriais da Guarda |
Confraría da Guarda |
GALP7-003 Impulso e dinamización das actividades pesqueiras, comerciais e industriais da Guarda |
Organización de Palangreros Guardeses (ORPAGU) |
GALP1-013 O Vicedo, Historia e Cultura Mariñeira |
Concello do Vicedo |
GALP1-013 O Vicedo, Historia e Cultura Mariñeira |
Asociación Comerciantes, Industriais e Autónomos (ACIA) do Vicedo |
GALP6-025 Curso de socorrismo acuático en espazos naturais |
Concello de Marín |
GALP1-028 Entre Arcos e Acantilados |
Concello de Ribadeo |
GALP1-028 Entre Arcos e Acantilados |
Concello de Cedeira |
GALP1-028 Entre Arcos e Acantilados |
Concello de Burela |
GALP6-031 Mellora da gobernanza na xestión pesqueira artesanal no ámbito do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia |
Confraría de Portonovo |
GALP7-001 Mellora na rede de medios e formación da rede de varamentos de Galicia |
Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) |