Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Mércores, 20 de marzo de 2019 Páx. 15279

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción do parque eólico do Sobredo, sito no concello de Arbo (Pontevedra) e promovido por Parque Eólico O Sobredo, S.L. (IN661A 2011/5-4).

Examinado o expediente iniciado por solicitude de Parque Eólico O Sobredo, S.L. (en diante, a promotora) en relación coas autorizacións administrativas previa e de construción do parque eólico do Sobredo (en diante, parque eólico), constan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. Mediante Resolución do 20 de decembro de 2010 pola que se aproba a relación de anteproxectos de parques eólicos seleccionados ao abeiro da Orde do 29 de marzo de 2010 para a asignación de 2.325 MW de potencia na modalidade de novos parques eólicos en Galicia (DOG núm. 248, do 28 de decembro), admitiuse a trámite o parque eólico, cunha potencia de 18 MW.

Segundo. O 21.6.2011, a promotora solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución, a inclusión no réxime especial, a aprobación do proxecto sectorial e a declaración de utilidade pública para o parque eólico.

Terceiro. O 19.8.2011, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra (en adiante, a Xefatura Territorial) informou que non existen dereitos mineiros afectados dentro da poligonal do parque eólico.

Cuarto. O 16.2.2012, a Axencia Estatal de Seguridade Aérea autorizou as instalacións do parque eólico, e estableceu o correspondente condicionado.

Quinto. Por Resolución do 2 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial, someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a aprobación do proxecto de execución, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, o estudo de impacto ambiental e a solicitude de acollida ao réxime especial do parque eólico.

O dito acordo publicouse no Diario Oficial de Galicia do 11.4.2012, no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra do 23.3.2012 e no xornal Faro de Vigo do 20.3.2012. Así mesmo, permaneceu exposta ao público nos taboleiros de anuncios do concello afectado (Arbo), da Xefatura Territorial, e da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Pontevedra, que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública.

A seguir resúmese o contido das alegacións presentadas durante o período de información pública:

– A Sociedade Galega de Historia Natural solicita que se avalíen os efectos sinérxicos e acumulativos cos parques eólicos existentes ou proxectados, as posibles afeccións sobre hábitats de conservación prioritaria e de interese comunitario, as posibles afeccións sobre as zonas previstas para a ampliación da Rede Natura 2000 co fin de evitalas, que se extremen as medidas para evitar as afeccións do proxecto sobre as especies incluídas no anexo I da Directiva de aves, na Directiva 92/43/CEE, no Catálogo español de especies ameazadas e no Catálogo galego de especies ameazadas presentes na zona, que se inclúan no proxecto todas as medidas preventivas e/ou correctoras recomendadas nos plans de conservación de especies ameazadas que teña elaborados (ou en elaboración) a Xunta de Galicia de acordo co previsto nos artigos 15 e 16 do Decreto 88/2007, que o proxecto adopte medidas eficaces para evitar afeccións á flora e mitigar a mortaldade de anfibios, réptiles, aves e mamíferos nas vías de acceso (atropelo e atrapamento en gabias, bueiros, pasos canadenses, etc.) e para minimizar a mortaldade de aves e morcegos por impacto cos aeroxeradores e perturbacións sobre a súa utilización dos hábitats na contorna do parque eólico durante todas as fases do ciclo vital.

– A CMVMC de San Cristovo de Mourentán manifesta que está disposta a negociar coa promotora pola cesión dos terreos afectados polo parque eólico.

Sexto. O 20.3.2012 Retegal emitiu un condicionado técnico relativo á separata do proxecto de execución do parque eólico. O 13.4.2012, a promotora manifestou a súa conformidade.

Sétimo. O 3.4.2012, Retevisión emitiu un condicionado técnico relativo á separata do proxecto de execución do parque eólico. O 27.4.2012 a promotora manifestou a súa conformidade.

Oitavo. O 7.7.2012 a Xefatura Territorial emitiu o informe técnico das instalacións do parque eólico.

Noveno. O 17.7.2012 a Xefatura Territorial remitiu o expediente do parque eólico á Dirección Xeral de Enerxía e Minas para continuar coa tramitación do procedemento.

Décimo. O 4.12.2012 a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a declaración de impacto ambiental relativa ao parque eólico, que se fixo pública por Resolución do 10 de xaneiro de 2013, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas (DOG núm. 22, do 31 de xaneiro).

Décimo primeiro. O 15.1.2013 a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu, en relación co proxecto sectorial do parque eólico, o informe o que fai referencia o artigo 37.7 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 4/2014, do 8 de maio.

Décimo segundo. O 6.3.2014 o Servizo de Montes de Pontevedra emitiu o informe de conformidade co artigo 45.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, modificada pola Lei 4/2014, do 8 de maio.

Décimo terceiro. O 27.11.2017, de acordo co establecido na disposición transitoria terceira da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, a promotora solicitou a tramitación do expediente de acordo co procedemento establecido pola dita lei.

Décimo cuarto. O 25.5.2018 tivo entrada nesta dirección xeral un escrito do xestor da rede de transporte relativo á conexión de varios parques eólicos na subestación Montouto 220 kV, entre os cales se inclúe o parque eólico do Sobredo.

Décimo quinto. O 19.10.2018, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu, en relación co proxecto sectorial do parque eólico, o informe a que fai referencia o artigo 33.5 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro.

Décimo sexto. O parque eólico conta cos dereitos de acceso e conexión á rede de transporte para unha potencia de 18 MW, de acordo co informe do xestor da dita rede.

Aos antecedentes de feito descritos sonlle de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A Dirección Xeral de Enerxía e Minas é competente para resolver este procedemento con fundamento no Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, e no artigo 34.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o fondo de compensación ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o fondo de compensación ambiental, modificada pola Lei 4/2014, do 8 de maio, e pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, consonte a disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente, visto o seu contido e as respostas efectuadas pola promotora, cómpre manifestar o seguinte:

1. En relación coa titularidade e características dos bens e dereitos afectados, corresponde á fase de levantamento de actas previas, dentro do eventual procedemento expropiador, a determinación efectiva da titularidade dos bens e dereitos afectados e das súas características (localización, extensión, tipo de aproveitamento...), así como das afeccións reais do proxecto sobre eles.

2. Co obxecto de aclarar a alegación de carácter ambiental presentada en relación coa tramitación do proxecto, así como os posibles efectos acumulativos ou sinérxicos, cabe indicar que este proxecto foi sometido ao trámite de avaliación de impacto ambiental que corresponde, como resultado do cal a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou o 4.12.2012 a declaración de impacto ambiental, con carácter previo á autorización do parque eólico, onde se recollen as condicións desde un punto de vista ambiental en que pode desenvolverse o proxecto, así como as medidas correctoras e compensatorias necesarias.

De acordo con todo o que antecede, e no exercicio das competencias que teño atribuídas,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar a autorización administrativa previa para o parque eólico do Sobredo, sito no concello de Arbo (Pontevedra) e promovido pola sociedade Parque Eólico O Sobredo, S.L., para unha potencia de 18 MW.

Segundo. Outorgar a autorización administrativa de construción para o proxecto de execución do parque eólico visado electronicamente polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG), co número de visado CO111444, e asinado polo enxeñeiro industrial José Ernesto Rodríguez Blanco, colexiado nº 1185 do ICOIIG.

As características principais recollidas no proxecto son as seguintes:

Solicitante: Parque Eólico do Sobredo, S.L.

Domicilio: estrada PO-533, km 171,7, Álceme, 36530, Rodeiro.

Denominación: parque eólico do Sobredo.

Potencia admitida a trámite: 18 MW.

Potencia que se vai evacuar: 18 MW.

Concello afectado: Arbo (Pontevedra).

Produción media anual neta estimada: 54.896 MWh/ano.

Orzamento de execución material: 15.628.753 euros.

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico:

P.E. O Sobredo

Vértices

Poligonal

Coordenadas UTM

(ED50, fuso 29)

Coordenadas UTM

(ETRS 89, fuso 29)

X

Y

X

Y

1

555.200

4.666.000

555074,96

4665784,79

2

555.500

4.666.000

555374,96

4665784,79

3

557.412,2

4.664.800

557287,15

4664584,80

4

556.770,5

4.664.100

556645,46

4663884,79

5

555.800

4.664.600

555674,96

4664384,79

6

554.900

4.665.400

554774,96

4665184,79

Localización dos aeroxeradores:

Coordenadas UTM (ED50, huso 29)

Coordenadas UTM (ETRS 89, huso 29)

Nº aeroxerador

X

Y

X

Y

ED01

555.596

4.665.293

555.470,96

4.665.077,79

ED02

555.896

4.665.238

555.770,96

4.665.022,79

ED03

556.174

4.665.155

556.048,96

4.664.939,79

ED04

556.491

4.664.934

556.365,96

4.664.718,79

ED05

556.629

4.664.690

556.503,96

4.664.474,79

ED06

556.781

4.664.455

556.655,96

4.664.239,79

Características técnicas das instalacións:

– 6 aeroxeradores V-Vestas 112 de 3 MW de potencia máxima unitaria con xerador asíncrono, montados sobre fuste tubular metálico, cunha altura ata a buxa de 84 m e un diámetro de rotor de 112 m.

– 6 centros de transformación de potencia unitaria 3.350 kVA, con relación de transformación de 0,65/20 kV, instalados no interior dos aeroxeradores coa súa correspondente aparamenta de seccionamento, manobra e protección.

– Rede eléctrica soterrada a 20 kV, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e o centro de seccionamento e interconexión do parque eólico proxectado.

A presente autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

1. Consonte o disposto no artigo 4 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, Parque Eólico O Sobredo, S.L. constituirá, con carácter previo ao inicio das obras, unha fianza para garantir o cumprimento do deber de restaurar os terreos ocupados polo parque eólico na fase de obras. O importe da fianza fíxase, por proposta da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, en 139.487 euros.

A dita fianza depositarase na caixa xeral de depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, unha vez depositada a fianza para garantir o deber de restaurar os terreos ocupados na fase de desmantelamento.

2. Para a inscrición da instalación no rexistro autonómico creado pola Orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG núm. 135, do 14 de xullo), a promotora efectuará a correspondente solicitude, de acordo co procedemento regulamentariamente establecido.

3. A instalación adaptarase ao procedemento de captación e procesamento de datos de produción de enerxía eléctrica de Galicia regulamentado pola Orde da Consellería de Innovación e Industria, do 23 de xaneiro de 2009, pola que se establece o procedemento para a captación e o procesamento dos datos de produción enerxética das instalacións acollidas ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 37, do 23 de febreiro).

4. De conformidade coa disposición transitoria cuarta, número 3, da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, a promotora disporá dun prazo de tres anos, contados desde a notificación da autorización administrativa de construción, para solicitar a correspondente autorización de explotación. En caso de incumprimento, poderá producirse a revogación das mencionadas autorizacións nos termos establecidos no número 10 do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, ou norma que a substitúa.

5. O parque eólico deberá cumprir cos requisitos que se recollan nos procedementos de operación aprobados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica que lle resulten de aplicación.

6. Así mesmo, a promotora deberá ter en conta o regulado na disposición adicional terceira da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, modificada polo Real decreto lei 15/2018, do 5 de outubro, de medidas urxentes para a transición enerxética e a protección dos consumidores, no que se refire á caducidade dos permisos de acceso e conexión. A caducidade destes permisos, no caso de producirse, poderá dar lugar á revogación das mencionadas autorizacións nos termos establecidos no número 10 do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, ou norma que a substitúa.

7. A promotora deberá dar cumprimento a todas as condicións establecidas na declaración de impacto ambiental do 4.12.2012, así como as establecidas no correspondente programa de vixilancia e seguimento ambiental. Así mesmo, a promotora deberá ter en conta o regulado na disposición transitoria primeira da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, no que se refire á caducidade da declaración de impacto ambiental. A citada caducidade, no caso de producirse, dará lugar á revogación das mencionadas autorizacións nos termos establecidos no número 10 do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, ou norma que a substitúa.

8. Previamente ao inicio das obras, a promotora deberá presentar ante esta dirección xeral un estudo ambiental de sinerxías que inclúa as infraestruturas de evacuación, así como as posibles afeccións a infraestruturas próximas.

9. Unha vez construídas as instalacións autorizadas, e con carácter previo á súa posta en servizo, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Pontevedra inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento das condicións establecidas nesta resolución e as demais que sexan de aplicación, incluídas as contidas na declaración de impacto ambiental formulada o 4.12.2012 pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

10. Conxuntamente coa solicitude de autorización de explotación das instalacións, a promotora deberá presentar, ante a Xefatura Territorial, un certificado de final de obra subscrito por técnico facultativo competente, no cal conste que a instalación se realizou de acordo coas especificacións contidas no proxecto de execución aprobado, así como coas prescricións da regulamentación técnica aplicable á materia e, así mesmo, deberá presentar ante a Dirección Xeral de Enerxía e Minas un plano as built e outro plano cartográfico en formato shape das instalacións do parque eólico, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

11. No caso de se manifestaren perturbacións na recepción do sinal de televisión directamente atribuíbles ás instalacións do parque eólico, Parque Eólico O Sobredo, S.L. deberá adoptar as medidas necesarias para devolver á recepción do sinal as anteriores condicións de calidade.

12. De acordo co establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o incumprimento das condicións e requisitos establecidos nas autorizacións ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á revogación das autorizacións, logo de audiencia audiencia do interesado.

13. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

14. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 34 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 121 e 122, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas