Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Mércores, 20 de marzo de 2019 Páx. 15298

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 20 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican diversas resolucións ditadas no procedemento BS210A, expediente VI-68219 e un máis.

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación das resolucións ditadas pola xefatura territorial no último domicilio coñecido dos interesados sen que esta se puidese practicar por causas non imputables á Administración, notifícanselles as resolucións ás persoas citadas no anexo, ou aos seus representantes debidamente acreditados, para que no prazo de dez días (10), contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), comparezan nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social, na praza da Estrela, s/n, 3º andar, de Vigo, en horario de mañá entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro da resolución e advertíndolles que, de non facelo así, se terán por notificados.

Vigo, 20 de febreiro de 2019

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento/nº de expediente

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do documento

BS210A/VI-68219

52496623C

Non admisión da tramitación prioritaria por emerxencia social

3.8.2018

BS210A/VI-68804

50938422T

Non admisión da tramitación prioritaria por emerxencia social

6.9.2018