Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Mércores, 20 de marzo de 2019 Páx. 15299

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 22 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS210A (expediente VI-47946 e catro máis).

Logo de tentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, e en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo ou aos seus representantes debidamente acreditados os actos administrativos de citación ditados nos procedementos que se indican.

Para coñecer o contido íntegro dos actos que se notifican, as persoas interesadas, ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do órgano de valoración da Dependencia de Vigo, sitas na rúa Numancia, nº 3 de Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Advírtese que, de non presentarse na data indicada no acto de citación que se notifica, e de conformidade co establecido no artigo 27.3 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito a prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, e no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, unha vez transcorridos tres meses sen realizar as actividades necesarias para continuar coa tramitación, producirase a caducidade do procedemento pola paralización imputable á persoa interesada e acordarase o arquivamento das actuacións, logo da resolución que lle será notificada.

Vigo, 22 de febreiro de 2019

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento BS210A

Nº de expediente

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do documento

VI-47946

54382901E

Citación

20.12.2018

VI-65410

35867346L

Citación

17.12.2018

VI-66720

23573337Q

Citación

17.12.2018

VI-67250

76980167H

Citación

17.12.2018

VI-68042

35265056F

Citación

14.1.2019