Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Mércores, 20 de marzo de 2019 Páx. 15301

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 28 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica un acto administrativo ditado no procedemento BS210A, expediente VI-60521.

Logo de intentar en tempo e forma a práctica da notificación do acto que se relaciona no anexo sen que fora posible por causas non imputables á Administración e toda vez que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, de conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícase a persoa que se sinala no dito anexo ou o seu representante debidamente acreditado, o acto administrativo que se indica.

Para coñecer o contido íntegro dos actos que se notifican, a persoa interesada ou o seu representante debidamente acreditado poderá comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social sitas na praza da Estrela, s/n, 3ª planta (Vigo), en horario de mañá entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres. No caso de non comparecer no prazo indicado, entenderase producida a notificación.

Advírtese, de conformidade co disposto no artigo 24 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, que de non atender o requirimento terase por desistido da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da citada lei.

Vigo, 28 de febreiro de 2019

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento/nº de expediente

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do documento

BS210A PO-60521

00535326R

Requirimento de documentación complementaria

15.11.2018