Vistos os expedientes instruídos para os efectos de transmisión das bateas Tori V e Tori VI e das concesións administrativas que as amparan, resulta:
a) Antecedentes.
Primeiro. Mediante escritos do 4 de febreiro de 2019, Susana Baúlde Conde e Juan Luis Nogueira Moure solicitaron autorización para a transmisión das concesións administrativas e das bateas Tori V e Tori VI.
Segundo. Os informes do Servizo de Protección de Recursos sobre as características das bateas son favorables.
b) Consideracións legais e técnicas.
Primeira. Este órgano é competente para resolver os expedientes de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.
Segunda. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:
Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Marcos Baúlde Conde (****1456) e Pastora Costa Álvarez (****2960), das concesións que se indican a seguir:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Tori V.
Situación:
Cuadrícula nº: 22.
Polígono: A.
Distrito: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante: concesión.
Orde de outorgamento: 26.4.1967.
Remate da vixencia: 15.12.2019.
Tipo: batea.
Nome: Tori VI.
Situación:
Cuadrícula nº: 37.
Polígono: A.
Distrito: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante: concesión.
Orde de outorgamento: 11.3.1964.
Remate da vixencia: 15.12.2019.
Actuais titulares: Marcos Baúlde Conde (****1456), Juan Luis Nogueira Moure (****5140) e Susana Baúlde Conde (****5256).
Novos titulares: Marcos Baúlde Conde (****1456) e Pastora Costa Álvarez (****2960).
Baixo as seguintes condicións:
Primeira. Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:
a) Documento notarial da transmisión ou doazón.
b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.
Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.
Terceira. Os novos titulares das concesións quedan subrogados nos dereitos e obrigas dos anteriores desde o momento da formalización da compravenda en escritura pública.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Vigo, 11 de febreiro de 2019
A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo