Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Mércores, 20 de marzo de 2019 Páx. 15257

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2711/2018 FF).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2711/2018 desta sección, seguido por instancia de Allianz, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Antonio Román Martínez contra Caser, S.A., Canteras Vilafría, S.L., Rocas de Porriño, S.L., Rocas y Cantería Ornamental, S.L., Generali España de Seguros y Reaseguros, Graniatios, S.L., Grisperez, S.L., Axa Seguros Generales, S.A., Mapfre España Cía. de Seguros y Reaseguros, S.A., Ricardo Garrido Insua, Cabaleiro Nogueira, S.L., sobre outros dereitos seguridade social, se ditou sentenza con data do 15.1.2019, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Resolvemos que, desestimando o recurso de suplicación presentado pola letrada Patricia Mariño Rodríguez, que actúa en nome e representación de Antonio Román Martínez, así como o presentado pola procuradora María del Carmen Molist García, que actúa en nome e representación de Allianz, S.A., e baixo a asistencia letrada do Sr. Brea Martínez, ambos formulados contra a sentenza do 31 de xullo de 2017, ditada polo Xulgado do Social número 5 de Vigo, en autos 281/2014, seguidos por instancia do Sr. Román Martínez contra Manuel Martínez, Grisperez, S.L., Canteras Vilafría, S.L., Cabaleiro Nogueira, S.L., Cabaleiro Nogueira y Fernández Ltda., Graniatios, S.L., Mafpre España, S.A., Axa Aurora Ibérica, S.A. como sociedade absorbente das tamén demandadas La Equitativa, S.A. e Winthertur, S.A., Allianz, S.A., Seguros Caser, S.A., Generali España, S.A., Rocas de Porriño, S.L. e Rocas y Carpintería Ornamental, S.L., debemos confirmar e confirmamos a sentenza de instancia na súa integridade. Sen custas.

Déase aos depósitos e consignacións o destino legal oportuno.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza, que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma Rocas de Porriño, S.L. e Rocas y Cantería Ornamental, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza