Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Mércores, 20 de marzo de 2019 Páx. 15310

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 29 de xaneiro de 2019 polo que se fai público requirimento ditado no expediente de denuncia en materia de verteduras de augas residuais de clave DH.D36.65099.

O 9 de xaneiro de 2019 ditouse requirimento en materia de verteduras de augas residuais no expediente de denuncia de referencia seguido contra a persoa co NIF 77412172 Z (t.m. Sanxenxo).

Intentada a notificación dos devanditos actos por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolta polo servizo de Correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio notifícaselle o requirimento ao interesado e fáiselle saber que unha copia del se atopa á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do dito requirimento, tempo durante o cal poderá presentar as alegacións e probas que considere oportunas.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2019

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia