Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Mércores, 20 de marzo de 2019 Páx. 15309

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 28 de xaneiro de 2019 polo que se fai pública a resolución ditada no expediente sancionador en materia de verteduras de augas residuais de clave DH.D15.61307.

O 3 de xaneiro de 2019 ditouse resolución no expediente sancionador de referencia seguido contra Club de Campo As Mariñas, S.L. (t.m. Culleredo) pola comisión dunha infracción de carácter leve tipificada no artigo 85.e) da Lei 9/2010, de augas de Galicia.

Intentada a notificación da devandita resolución por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolta polo servizo de Correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio notifícaselle a resolución á interesada e fáiselle saber que unha copia dela se atopa á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do devandito acordo, tempo durante o cal poderá interpoñer recurso de alzada perante o presidente de Augas de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2019

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia