Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Xoves, 21 de marzo de 2019 Páx. 15443

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 6 de marzo de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, polo que se lle notifica á persoa interesada a resolución ditada no procedemento de reintegro do expediente PR911A 2017/76.

Intentada a notificación da resolución a través do servizo de Correos no domicilio que consta no correspondente expediente, esta non puido efectuarse. Por este motivo, e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícase a resolución ditada á persoa interesada.

A persoa interesada poderá coñecer o texto íntegro da resolución nas dependencias da Secretaría Xeral da Emigración, praza de Mazarelos, número 15, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra a resolución, que pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015 xa citada e na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2019

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Expediente: PR911A 2017/76.

Interesado: XDC326006.

Acto notificado: Resolución do 12 de febreiro de 2019 pola que se declara a perda do dereito ao cobramento do importe correspondente ao segundo pagamento por un importe de 2.650 euros e o reintegro do importe correspondente ao primeiro pagamento por un importe de 5.000 euros xunto cos correspondentes xuros de mora devindicados desde a data de pagamento da bolsa concedida, ao abeiro da Resolución do 7 de abril de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aprobaron as bases reguladoras e se procede á convocatoria de 100 bolsas excelencia para a mocidade exterior, co fin de cursar estudos de máster que se inicien no ano 2017 nunha universidade galega.