Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Xoves, 21 de marzo de 2019 Páx. 15420

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3516/2018).

Tipo e número de recurso: RSU. Recurso de suplicación 3516/2018-PM

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 2/2018. Xulgado do Social número 2 de Ourense

Recorrente: Cristina Piñeiro Alonso

Avogado: Ángel García González

Recorridos: Ferrovial Agroman, S.A., Constructora San José, S.A., Construcciones Dabalpo, S.L.U., Estructuras Dabalpo, S.L., Sociedad Anónima de Obras y Servicios Copasa, Proyecon Galicia, S.A., Zamora UTE, UTE Rande, UTE Fuentes de Oñoro, Construcciones Joenfe, S.L.- Prado Lameiro, S.L.- UTE, Construcciones González Cristobo, S.L.

Avogados: Francisco Javier Villalba Borruel, Miguel Vizcaíno Fernández de Casadevante, José Luis Suárez-Vence Legeren, Iago Tabarés Pérez-Piñeiro, José Cao García, Raquel Pazos Aller, Miguel Gómez Domínguez, Alfonso Pereira Sardi

Graduada social: Pilar Ríos García

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira desta sala do social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3516/2018 desta sección, seguido por instancia de Cristina Piñeiro Alonso contra as empresas Construcciones Dabalpo, S.L.U., Estructuras Dabalpo, S.L., Ferrovial Agroman, S.A. e outras, sobre reclamación de cantidade, se ditou a resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola demandante, Cristina Piñeiro Alonso, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Ourense, nestes autos tramitados por instancia da recorrente contra as condenadas Construcciones Dabalpo, S.L. e Estructuras Dabalpo, S.L.U., e as tamén demandadas absoltas Ferrovial Agroman, S.A., Proyecon Galicia, S.A., Constructora San José, S.A., UTE Rande Dragados, S.A. e Puentes y Calzadas Infraestructuras, UTE Fuentes de Oñoro, Zamora UTE, Construcciones Joenfe, S.L.- Prado Lameiro, S.L. UTE, Construcciones González Cristobo, S.L. e Copasa, debemos confirmar e confirmamos a dita sentenza.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez que sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

Para que lles sirva de notificación en legal forma a Construcciones Dabalpo, S.L.U. e Estructuras Dabalpo, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza