Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 26 de marzo de 2019 Páx. 15914

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2019 de cesamento dun membro do Comité Territorial de Ética da Investigación de Coruña-Ferrol.

A secretaria do Comité Territorial de Ética da Investigación de Coruña-Ferrol enviou o día 7.3.2019 un escrito á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade mediante o que comunica o nomeamento de Carmen Mella Pérez como nova presidenta do citado comité en substitución de Lucía Fuster Sanjurjo, que renunciou á súa condición de membro por motivos persoais.

A elección da nova presidenta produciuse na reunión do comité do día 25.2.2019, seguindo o establecido nos procedementos normalizados de traballo do comité.

Antecedentes.

Mediante a Resolución do 1 de febreiro de 2018, que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 9.2.2018, concedeuse a renovación da acreditación do Comité Territorial de Ética da Investigación de Coruña-Ferrol, estableceuse a súa sede e nomeáronse como membros as persoas que se relacionaban no seu anexo.

Entre as persoas que se relacionaban no citado anexo figuraba Lucía Fuster Sanjurjo, a cal renuncia á súa condición de membro do comité.

Consideracións legais e técnicas.

O Decreto 63/2013, do 11 de abril, polo que se regulan os comités de ética da investigación en Galicia, recolle no capítulo III a regulamentación correspondente aos comités territoriais.

No que atinxe á súa composición, os comités territoriais de ética da investigación terán, segundo dispón o punto 1 do artigo 9, «unha composición multidisciplinar e estarán formados por un mínimo de nove e un máximo de quince membros de xeito que se asegure a súa independencia, competencia e experiencia na toma de decisións e no cumprimento das súas funcións».

A renuncia de Lucía Fuster Sanjurjo non compromete a composición do comité dado que se respectan os citados topes numéricos.

Logo de ver o que se expuxo, e de acordo coa proposta que efectuou a Secretaría Xeral Técnica desta consellería,

RESOLVO:

Cesar como membro do Comité Territorial de Ética da Investigación de Coruña-Ferrol a Lucía Fuster Sanjurjo.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2019

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade