Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 26 de marzo de 2019 Páx. 15969

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 18 de marzo de 2019 pola que se amplía o prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, na categoría 001 (camareiro/a-limpador/a//axudante/a de cociña) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

A Orde da Consellería de Facenda do 18 de setembro de 2017 (DOG núm. 182, do  25 de setembro), pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, na categoría 001 (camareiro/a-limpador/a//axudante/a de cociña) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, dispón na base II.1.1.2 que o prazo máximo para a realización do segundo exercicio será de 40 días hábiles contados desde o remate do exercicio anterior.

O primeiro exercicio da fase de oposición correspondente ao proceso selectivo que se cita foi realizado o día 3 de febreiro de 2019.

Diversas cuestións de carácter organizativo impiden o cumprimento do prazo a que se fai referencia no parágrafo primeiro polo que, consonte a proposta elevada polo tribunal cualificador e de conformidade co establecido no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta consellería

DISPÓN:

A ampliación do prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, na categoría 001 (camareiro/a-limpador/a//axudante/a de cociña) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, en vinte dias hábiles.

Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe recurso, de acordo co disposto no artigo 32.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2019

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda