Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 27 de marzo de 2019 Páx. 16172

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 8 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, polo que se notifica o acto administrativo ditado no procedemento competencia desta dirección xeral (expediente 2018/131).

Ante a imposibilidade de notificación persoal á persoa interesada que se relaciona no anexo I, e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada que se indica no anexo I deste edicto o acto administrativo de requirimento de emenda da solicitude ditado no procedemento administrativo e que se indica no dito anexo I.

Emprázase a persoa interesada para que, por si ou por persoa que legalmente a represente, compareza no prazo máximo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no Servizo de Apoio á Familia, á Infancia e á Adolescencia da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela; teléfono 981 95 77 81), para ter á súa disposición o expediente e coñecer o contido íntegro do acto que se notifica.

Se a persoa interesada non comparece no dito prazo, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais desde o vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Advírteselle que, de non facer a emenda e mellora da solicitude no prazo establecido no requirimento de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se terá por desistida a solicitude logo da resolución ditada ao abeiro do disposto no artigo 21 da dita Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2019

Mª Amparo González Méndez
Directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO I

Solicitude suxeita a emenda de documentación

Nº de identificación

Nº de expediente

Acto que se notifica e data

Documentación para presentar

76721038F

2018/131

Requirimento do 19.6.2018

D.1, D.3, D.4 e D.5

ANEXO II

Documentación requirida

Descrición do requirimento

D.1

Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante.

D.2

Copia do libro ou dos libros de familia da unidade familiar ou, de ser o caso, as certificacións correspondentes expedidas polo Rexistro Civil das fillas ou dos fillos.

D.3

Xustificante de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar.

D.4

Declaración xurada ou responsable de non manter unha relación de convivencia análoga á conxugal.

D.5

Certificado negativo de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.

D.6

Copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio ou da resolución xudicial que estableza as medidas paternofiliais das fillas e dos fillos comúns nas unións de feito, de ser o caso, xunto co correspondente convenio regulador.

D.7

Certificado de defunción da persoa proxenitora que non apareza como solicitante.

D.8

Certificado da/do letrada/o da Administración de xustiza, dilixencia, providencia ou documento análogo do xulgado que acredite que o procedemento de reclamación da pensión alimenticia está en curso.