Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 28 de marzo de 2019 Páx. 16344

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2019 pola que se realiza convocatoria pública para cubrir unha praza de persoal laboral.

Prazas: 1 (unha) técnico económico-financeiro.

Tipo de contrato: fixo.

Proceso selectivo: concurso-oposición.

As bases desta convocatoria e as solicitudes estarán á disposición dos interesados na Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa; rúa Peirao de Pasaxeiros, nº 1, e tamén dispoñibles na páxina web www.portovilagarcia.es

As solicitudes deberanse presentar no prazo de quince (15) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, por calquera dos medios recollidos na lexislación vixente.

Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo se farán públicas polos seguintes medios: taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e páxina web www.portovilagarcia.es

Vilagarcía de Arousa, 18 de marzo de 2019

Sagrario Franco Malvar
Presidenta da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa