Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 28 de marzo de 2019 Páx. 16342

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Muras

ANUNCIO da oferta de emprego para o ano 2019.

En cumprimento do artigo 70.2 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, faise público que, de acordo co artigo citado e co artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réximen local, mediante Decreto da Alcaldía 2019-101 do 19.3.2019, se aprobou a oferta de emprego público do Concello de Muras para o ano 2019, que comprende a praza vacante sinalada neste anuncio:

Persoal laboral:

Categoría laboral

Especialidade

Núm. vacantes

Denominación

Sistema de acceso

II

Traballador social

1

Traballador social

Oposición

(Praza ocupada por indefinido non fixo por sentenza)

Na mesma resolución fixouse como prazo máximo da convocatoria tres anos.

Contra este acordo de aprobación da oferta de emprego público, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer o recurso potestativo de reposición, ante a Alcaldía, no prazo dun mes contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, ao abeiro do establecido no artigo 124 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación, consonte o disposto nos artigos 8.1 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xuño, da xurisdicción contencioso-administrativa.

No caso de interpoñerse o recurso potestativo de reposición, deberase resolver e notificar no prazo dun mes segundo o establecido no artigo 124.2 da dita Lei 39/2015, entendéndose desestimado o recurso de reposición polo transcurso do dito prazo sen resolución expresa notificada, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, podendo entón os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de seis meses, contados desde o día seguinte a aquel en que se deba entender presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, consonte o establecido no artigo 46.1 e 4 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados consideren procedentes conforme a dereito.

Muras, 20 de marzo de 2019

Manuel Requeijo Arnejo
Alcalde