Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Venres, 29 de marzo de 2019 Páx. 16482

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

EXTRACTO da Orde do 15 de marzo de 2019 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PL400A).

BDNS (Identif.): 446052.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

1. As entidades locais de Galicia, excluídas as deputacións provinciais.

2. Os agrupamentos de concellos para a realización dun proxecto común. As súas entidades integrantes nomearán unha entidade representante única que actuará como coordinadora e interlocutora coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e que será a receptora da asignación económica.

Segundo. Obxecto

O obxecto desta orde é convocar axudas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a fomentar a prestación dun servizo lingüístico, mediante a súa creación ou o mantemento ou reforzamento dos existentes, ou a promover a planificación e o desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega en concellos ou en agrupamentos de concellos con poboación igual ou superior aos 3.000 habitantes.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 15 de marzo de 2019 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PL400A).

Publicadas no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Contía

Importe total da convocatoria: 245.000 euros.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da Orde do 15 de marzo de 2019 no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2019

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura e Turismo