Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Venres, 29 de marzo de 2019 Páx. 16578

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO da convocatoria para cubrir, en rexime de interinidade, catro prazas vacantes de auxiliar administrativo.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO) número 45, do 5 de marzo de 2019, publicouse o anuncio relativo ás bases reguladoras do proceso selectivo para cubrir, en réxime de interinidade, catro prazas vacantes de auxiliar administrativo, polo sistema de oposición libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios deste proceso selectivo, cando procedan, realizaranse na forma prevista nas propias bases.

O Porriño, 8 de marzo de 2019

Eva García de la Torre
Alcaldesa