Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Venres, 29 de marzo de 2019 Páx. 16579

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilanova de Arousa

ANUNCIO polo que se publica a Resolución do 19 de decembro de 2018 referente á convocatoria para prover varios postos de traballo.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 242, do 18 de decembro de 2018, publícanse as bases íntegras dos seguintes procesos selectivos:

– Funcionarización do persoal laboral fixo do concello.

– Cobertura, polo sistema de promoción interna horizontal, do posto de traballo coa categoría profesional de encargado de obras e servizos do concello.

De conformidade co establecido nas citadas bases, unha vez publicadas estas no Boletín Oficial de la provincia de Pontevedra, inserirase un anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia nos termos previstos no artigo 205.4 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do Emprego público de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado e prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte se o prazo remata nun día inhábil.

Vilanova de Arousa, 8 de marzo de 2019

Gonzalo Durán Hermida
Alcalde