Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 3 de abril de 2019 Páx. 17142

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Muros

EDICTO (79/2018).

Eu, Dolores Rolle Insua, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Muros, fago saber que, en virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC, por medio deste edicto notifícaselle en forma a Daniel David Oijman Rapaport, en paradoiro descoñecido, a sentenza do 18 de decembro de 2018, cuxa parte dispositiva se transcribe a seguir:

«Resolución:

Debo estimar e estimo a demanda interposta por María Dolores Pérez Tajes, representada polo procurador dos tribunais Pedro Antonio Fernández Lestón, e acordo a disolución do matrimonio formado por María Dolores Pérez Tajes e Daniel David Oijman Rapaport, con revogación dos consentimentos e poderes que calquera dos cónxuxes outorgase a favor do outro, cesando a presunción de convivencia conxugal.

Todo isto con condena en custas á parte demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal, con indicación de que non é firme e contra ela cabe recurso de apelación.

En canto sexa firme esta resolución, deberá remitirse testemuño ao Rexistro Civil onde figure inscrito o matrimonio».

Para que sirva de notificación en forma a Daniel David Oijman Rapaport, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto.

Muros, 19 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza