Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 4 de abril de 2019 Páx. 17269

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2019, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se anuncia a designación das asociacións de pacientes que forman parte do Consello Asesor de Pacientes da Área de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

A Orde do 16 de outubro de 2018 regula a composición e o réxime de funcionamento dos consellos asesores de pacientes de área (DOG núm. 208, do 31 de outubro), e prevé a súa constitución para o ámbito territorial das áreas sanitarias.

A Lei 1/2018, do 2 de abril, no seu artigo 68 estrutura en áreas sanitarias a división territorial do Sistema público de saúde de Galicia, e entre elas establécese a Área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

No mes de decembro de 2018 procédese á convocatoria para que as asociacións nas cales se agrupan os/as pacientes desta área sanitaria se poidan integrar no Consello Asesor de Pacientes de Área.

Unha vez examinadas as solicitudes presentadas polas asociacións de pacientes, xunto coa documentación requirida, procédese á comprobación do cumprimento do disposto na disposición adicional primeira da dita orde.

Por todo o anterior, de conformidade co disposto na disposición adicional primeira da Orde do 16 de outubro de 2018 pola que se regula a composición e o réxime xurídico de funcionamento dos consellos asesores de pacientes de área,

RESOLVO:

Anunciar a designación das asociacións de pacientes que forman parte do Consello Asesor de Pacientes da Área de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras que se relacionan no anexo desta resolución.

Ourense, 28 de febreiro de 2019

Julio García Comesaña
Xerente de Xestión Integrada de Ourense

ANEXO

Denominación

Domicilio social

Asociación de Enfermos/as de Crohn e Colite Ulcerosa de Ourense (Accu Ourense)

R/ Recaredo Paz, 1, 32005 Ourense

Asociación Española Contra o Cancro-Delegación Provincial de Ourense (AECC Ourense)

R/ Curros Enríquez, 26, 1º esquerda,

32003 Ourense

Asociación de Familiares de Alzheimer e outras Demencias de Ourense (Afaor)

R/ Nosa Señora da Saínza, 19, baixo,

32005 Ourense

Asociación de Fibromialxia, Síndrome de Fatiga Crónica e Sensibilidade Química Múltiple de Ourense (Affou)

R/ Recaredo Paz, 1, 32005 Ourense

Asociación Galega de Hemofilia (Agadhemo)

R/ As Xubias de Arriba, 84, 4º,

15006 A Coruña

Asociación Galega de Linfedema, Lipedema, Insuficiencia Venosa Crónica e outras Patoloxías Vasculares Periféricas (Agl)

R/ Avda. López Ballesteros, 7, oficina 6,

36600 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Asociación para a Loita contra as Enfermidades Renais de Ourense (Alcer Ourense)

R/ Recaredo Paz, 1, 32005 Ourense

Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia (Anedia)

R/ Sor Lucía, 4, 36002 Pontevedra

Asociación Ourensá de Esclerose Múltiple, ELA, Párkinson e outras Enfermidades Neurodexenerativas (Aodem)

R/ Recaredo Paz, 1, 32005 Ourense

Asociación de Persoas Xordas de Ourense (Apsou)

R/ Ramón Cabanillas, 6, baixo e entresollado, 32004 Ourense

Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e Adolescencia (Aseia)

R/ Fonte do Monte, 2, baixo, 32004 Ourense

Asociación Diabética Auria (Auria)

R/ Dr. Fléming, 43, soto, 32003 Ourense

Asociación de Dano Cerebral Adquirido de Ourense (Renacer)

R/ Recaredo Paz, 1, 32005 Ourense

Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Ourense (Discafis-Cogami)

R/ Recaredo Paz, 1, 32005 Ourense

Asociación de Persoas con Discapacidade da Comarca de Valdeorras e Asociadas (Disvalia)

R/ Ramón y Cajal, 32, 1º A, 32300 O Barco de Valdeorras (Ourense)

Asociación Down Ourense (Down Ourense)

R/ Francisco Huerta y Vega, 1, baixo esquerda, edificio Torrevía, 32004 Ourense

Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (Fegerec)

R/ Solís, s/n, 15009 A Coruña

Liga Reumatolóxica Galega (LRG)

R/ Travesía Orillamar, 7, 15001 A Coruña

Asociación de Familiares e Enfermos Mentais Morea (AFEM Morea)

R/ Marcelo Macías, 5, baixo, 32002 Ourense

Asociación por Eles Tea Ourense (Petea)

R/ Alfredo Brañas, 13, 32001 Ourense