Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 4 de abril de 2019 Páx. 17271

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Industria Forestal

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 1 de marzo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2019, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a organización de accións formativas non regradas e de divulgación que impulsen o coñecemento, a competitividade e a innovación da industria forestal de Galicia (código de procedemento IN501A).

Advertido erro na referida resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 56, do 21 de marzo de 2019, é necesario facer a seguinte corrección:

Na páxina 15376, no artigo 24.1.a), onde di: «Memoria resumo da execución do proxecto e desagregada por accións subvencionadas, que inclúa a xustificación da vinculación dos gastos á actividade subvencionada, así como a xustificación dos criterios de imputación, asinada pola persoa que teña a representación da entidade beneficiaria», debe dicir: «Memoria resumo da execución do proxecto e desagregada por accións subvencionadas, que inclúa a xustificación da vinculación dos gastos á actividade subvencionada, así como a xustificación dos criterios de imputación, asinada pola persoa que teña a representación da entidade beneficiaria. Na memoria incluirase unha estatística co número de persoas asistentes a cada actividade formativa desagregada por sexo».